Antonio Pazos Figueroa
Antonio Pazos Figueroa | |
---|---|
Nome completo | Antonio de Pazos y Figueroa |
Nacemento | 1524 |
Lugar de nacemento | Pontevedra |
Falecemento | 28 de xuño de 1586 |
Lugar de falecemento | Córdoba |
Nacionalidade | España |
Relixión | Igrexa católica |
Alma máter | Universidade de Salamanca e Universidade de Boloña |
Ocupación | político e sacerdote católico |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Antonio Mauricio (ou Mauriño) Pazos Figueroa, nado en Pontevedra en 1524 e finado en Córdoba o 28 de xuño de 1586, foi un xurista, eclesiástico e estadista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nado nunha familia da nobreza, estudou xurisprudencia na universidade de Salamanca e no colexio maior de San Clemente da universidade de Boloña, da que posteriormente foi reitor. De regreso a Galiza, foi oínte na Real Audiencia da Coruña. En 1560 marchou a Madrid, e logo de trabar amizade co inquisidor xeneral Fernando Valdés y Salas, tomou o estado eclesiástico e exerceu como inquisidor en Sicilia, Sevilla e Toledo, sendo amais nomeado cóengo doutoral da catedral de Tui. Trala súa intervención no proceso contra o arcebispo Bartolomé de Carranza, o papa Pío V concedeulle a abadía do Parque e o bispado de Patti (Sicilia), posto que ocupou durante dez anos.
En 1578 Filipe II nomeouno bispo de Ávila, se ben non chegou a tomar posesión, pois antes da consagración foi nomeado presidente do Consello de Castela[1]. Como tal, exerceu de gobernador do reino entre 1581 e 1583 durante a viaxe do rei a Lisboa co gallo da fin da conquista de Portugal.
Cesou na presidencia do Consello en 1583 para ocupar o bispado de Córdoba, onde fundou o seminario conciliar de San Paio[2] e participou no Concilio Provincial de Toledo.
Trala súa morte foi soterrado na capela do Sagrario da catedral de Córdoba[3][4].
Predecesor: Bartolomé Sebastián de Aroitia |
Bispo de Patti 1568 - 1578 |
Sucesor: Gilberto Isfar y Corillas
|
Predecesor: Diego de Covarrubias |
Presidente do Consello de Castela 1577 - 1583 |
Sucesor: Francisco Zapata y Cisneros
|
Predecesor: Martín de Córdoba Mendoza |
Bispo de Córdoba 1582 - 1586 |
Sucesor: Francisco Pacheco de Córdoba
|
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ González Dávila, G.: Theatro eclesiástico de las ciudades e iglesias catedrales de España, tomo I, páx. 155-156 (en castelán).
- ↑ Fernández de las Cuevas, R.: La voz del siglo, páx. 257-260 (en castelán).
- ↑ Gómez Bravo, J.: Catálogo de los obispos de Córdoba, vol. II, páx. 522-530 (en castelán).
- ↑ Sánchez de Feria, B.: Palestra Sagrada o Memorial de Santos de Cordoba, páx. 436-437 (en castelán).