Antonio Pérez Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Pérez Pérez
 A Costa, Albarellos, Boborás
Falecemento1986
 Baiona
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Antonio Pérez Pérez, nado na Costa (Albarellos, Boborás) e finado en Baiona en 1986, foi un afiador e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrou a Asturias e despois, nos anos vinte, a Baiona. Traballou construíndo estradas e de mineiro, ata asentarse definitivamente en Baiona como afiador. Na Segunda Guerra Mundial integrouse nun grupo comunista da Resistencia. que realizaba labores de sabotaxe e información e facilitaba a fuxida de xudeus e pilotos aliados, a través dos Pireneos. En xaneiro de 1943 foi detido na Operación Escuma de Mar en compañía de Thérèse Manathon, Eladio Crespo, Jacinto Sánchez e Augusto García. Pasou polas prisións de Baiona e Bordeos, onde sufriu tortura, e chegou a Compiègne en xuño. Foi deportado a Buchenwald o 17 de xaneiro de 1944 xunto con outros 229 españois. Ingresou no campo co número 40623 e, despois do período de corentena no campo pequeno, pasou ao block 40, no campo principal, onde sobreviviu traballando de carpinteiro. Foi liberado polas tropas americanas o 11 de abril de 1945. Regresou a Baiona, onde volveu traballar como afiador. Conseguiu a nacionalidade francesa en 1948, e militou no PCF ata o seu falecemento. Nunca regresou a Galicia.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Baiona con Escolástica, de orixe navarra. En 1931 naceu a súa única filla, Dominique Pérez.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]