Antonio Pérez Gutiérrez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Palmés, España |
Morte | 25 de agosto de 1936 Amoeiro, España |
Causa da morte | paseo, execución por arma de fogo |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | carpinteiro , sindicalista |
Lingua | Lingua galega |
Antonio Pérez Gutiérrez, coñecido como Pinante, nado en Palmés (Concello de Canedo) e finado en Amoeiro o 25 de agosto de 1936, foi un carpinteiro e sindicalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Carpinteiro radicado en San Xiao, na parroquia de Fontefría. Era presidente da Sociedade Agraria e de Oficios Varios de Beiro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 entregouse do Pazo de Parada, onde estaba instalado o cuartel xeral da Falanxe. Foi asasinado na estrada de Amoeiro a Parada o 25 de agosto de 1936 canda Castor Sánchez Martínez. Ambos foron soterrados no cemiterio de Beade.