Antonio Outerelo Pereira
Antonio Outerelo Pereira | |
---|---|
Nacemento | 1909 |
Lugar de nacemento | Bueu |
Falecemento | 14 de setembro de 1968 |
Lugar de falecemento | Ría de Cedeira |
Nacionalidade | España |
Ocupación | sindicalista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Antonio Outerelo Pereira, nado en Bueu en 1909 e finado na ría de Cedeira o 14 de setembro de 1968, foi un mariñeiro e sindicalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Veciño da Coruña, membro do Sindicato de Industria Pesquera El Despertar Marítimo da CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxido en outubro no vapor Sagrado Corazón de Jesús dende a Coruña a Xixón. Xulgado en Ferrol por rebelión militar na causa instruída pola desaparición do vapor Sagrado Corazón de Jesús, foi declarado en rebeldía e fuxido. En Asturias permaneceu embarcado até febreiro ou marzo do 37, cando se incorporou ao Batallón 207. Militante da Agrupación Confederal Galaica en Asturias pertencente á Federación de Grupos do Batallón 207, na 3ª Compañía. En xuño de 1937 era o encargado do nomeamento de delegados na súa Compañía e foi relevado por José Fernández Moreda en xullo de 1937. Coa caída de Asturias caeu prisioneiro e foi levado ao campo de concentración de Camposancos. Logo foi incorporado ao Batallón de Trabajadores 149. Foi condenado a cadea perpetua en abril de 1941. Estaba na cadea da Coruña en maio de 1942, onde recibiu a visita de Honorato Martínez Fuster. Foi indultado en 1947. Foi tesoureiro do Comité Regional da CNT na clandestinidade. Reclamado polo Xulgado Militar de Vigo en xullo de 1947,[1] fuxiu. Nos anos sesenta foi patrón do 2º Monte San Pedro que naufragou na ría de Cedeira o 14 de setembro de 1968, perecendo Antonio no naufraxio.[2][3]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Foi pai de César e Angel Outerelo Díaz.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Apuntes para unha enciclopedia histórica do anarquismo galego (O)
- Ficha en Los de la sierra (en francés)
- Antonio Outerelo Pereira na páxina web Nomes e Voces.