Saltar ao contido

Antonio Mouriño Villar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntonio Mouriño Villar
Biografía
Nacemento12 de xuño de 1954 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
A Buratiña, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Celanova
1991 – 2012 (dimisión)
← Manuel Gómez RojoJosé Luís Ferro Iglesias → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular de Galicia Editar o valor en Wikidata

Antonio Mouriño Villar, nado na Buratiña (Celanova) o 12 de xuño de 1954, é un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Administrativo. Nas eleccións municipais de 1987 formou parte da candidatura de Alianza Popular-Centristas de Galicia en Celanova, como representante de Centristas de Galicia. Se ben non resultou inicialmente elixido, unha dimisión en 1989 permitiulle ser concelleiro e ocuparse da área de Cultura[1]. Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura de Centristas de Galicia e conseguiu se-la candidatura máis votada con 5 concelleiros, os mesmos que o Partido Popular encabezado por Ricardo Mínguez Abajo, polo que foi elixido alcalde. A finais de 1991 Centristas de Galicia integrouse no PPdeG. Nas municipais de 1995, como cabeza de lista do PPdeG, conseguiu a maioría absoluta,[2] situación que se reproduciu nas seguintes eleccións municipais de 1999, 2003, 2007 e 2011. Dimitiu en 2012 para presentarse ás eleccións autonómicas dese ano[3] e foi elixido deputado do Parlamento de Galicia, onde permaneceu ata 2016.

En febreiro de 2023 foi expulsado do PPdeG acusado de pedi-lo voto para o alcalde independente Antonio Puga[4].

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Manuel Gómez Rojo
 
Alcalde de Celanova
 
1991 - 2012
Sucesor:
José Luis Ferro