Antonio Lorenzo Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Lorenzo Rodríguez
Biografía
Nacemento1950 Editar o valor em Wikidata
Morte25 de maio de 2012 Editar o valor em Wikidata (61/62 anos)
Ribadavia, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Antonio Lorenzo Rodríguez, nado en 1950 e finado en Ribadavia o 25 de maio de 2012[1], foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Arquitecto técnico de profesión. Membro de Centristas de Galicia, encabezou a coalición da súa formación con Alianza Popular en Ribadavia nas municipais de 1987 e foi a forza máis votada, pero moi lonxe da maioría absoluta, polo que non logrou a alcaldía tras apoiar outros grupos ao socialista Miguel Fidalgo. Porén, en xullo de 1989 logrou a alcaldía tras unha moción de censura apoiada polos Independentes do Municipio de Ribadavia[2]. Permaneceu no cargo até as municipais de 1991, nas cales o seu partido optou porque non fose o seu candidato á alcaldía. Foi presidente do Consello Regulador do Ribeiro (1992-1995).


Predecesor:
Miguel Fidalgo Areda
 
Alcalde de Ribadavia
 
1989 - 1991
Sucesor:
José María Vázquez Pérez

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]