Antonio Ibáñez Freire

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonio Ibáñez Freire
Nacemento25 de setembro de 1913
Lugar de nacementoVitoria
Falecemento9 de maio de 2003
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmilitar e político
PremiosGran Cruz da Orde de Isabel a Católica, Cruz de Ferro, Gran Cruz da Orde de Cisneros, Gran Cruz da Orden de Carlos lll, Gran Cruz da Orde do Mérito Civil, Medalla de Ouro da Cidade de Barcelona, Gran Cruz del Mérito Militar con distintivo blanco, Gran Cruz de la Orden Imperial del Yugo y las Flechas, Gran Cruz de la Orden de San Hermenegildo e Gran Cruz del Mérito Aeronáutico con distintivo blanco
editar datos en Wikidata ]

Antonio Ibáñez Freire, nado en Vitoria o 25 de setembro de 1913 e finado en Madrid o 9 de maio de 2003, foi un militar e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Academia Militar de Zaragoza (1930-1934), participou como tenente na guerra civil española e como voluntario na División Azul (1943). Foi gobernador civil de Santander (1960), Biscaia (1961) e Barcelona (1963). Foi subsecretario do ministerio de Traballo (1966) e profesor na Escola Superior do Exército, xefe do rexemento acoirazado Alcazar de Toledo. Foi procurador en Cortes. Director xeral da Garda Civil (1976-1978), durante o seu mandato creouse a Unidade Antiterrorista Rural para combater a ETA, capitán xeneral da IV Rexión Militar con sede en Barcelona (1978), foi ministro do interior (1978-1979) con Adolfo Suárez.


Predecesor:
Rodolfo Martín Villa
 Ministro do Interior 
1978-1979
Sucesor:
Juan José Rosón Pérez