Saltar ao contido

Antonio Hidalgo Morilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntonio Hidalgo Morilla

(2016) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de febreiro de 1979 Editar o valor en Wikidata (47 anos)
Canovelles Editar o valor en Wikidata
Altura183 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónadestrador de fútbol (2025–), futbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1998 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Número deportivo8 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  FC Barcelona
1997–1999   FC Barcelona C 43(10)
1998–2000   FC Barcelona B 66(4)
2000–2005   CD Tenerife 91(8)
2005–2008 Málaga Club de Fútbol 109(28)
2008–2009   Real Zaragoza 16(0)
2009–2009 cesión:    CA Osasuna 12(0)
2009–2010   Albacete Balompié 33(9)
2010–2011   CD Tenerife 29(3)
2012–2015 CE Sabadell 114(11)
2015–2015 Unió Esportiva Cornellá 5(0)
  Selección nacional Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1997–1997   España sub-18 2(0)
1997–1997   España sub-17 4(0)

Antonio Hidalgo Morilla, nado en Canovelles o 6 de febreiro de 1979, é un ex-futbolista e actual adestrador de fútbol español. Actualmente dirixe o Deportivo da Coruña na Segunda División. Xogaba como centrocampista e destacou especialmente nas filas do Tenerife e do Málaga, cos que xogou tanto na Primeira como na Segunda División. É o sétimo futbolista con máis partidos disputados na categoría de prata (412).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como futbolista

[editar | editar a fonte]

Nacido en Canovelles, comezou a xogar ao fútbol nas categorías inferiores da UE Canovelles e do EC Granollers e en 1993 ingresou na canteira do FC Barcelona.[1][2] En 1997 pasou a xogar no hoxe extinto Barcelona C, co que se proclamou campión da Terceira División na súa primeira tempada, e ao ano seguinte subiu ao Barcelona B, da Segunda División. Debutou na categoría de prata na primeira xornada da tempada 1998/99 contra o o Mallorca B, compartindo centro do campo con Xavi,[3] e disputou un total de 33 encontros ao longo da campaña, pero non puido evitar o descenso do equipo á Segunda B. A 1999/00 foi a súa última tempada en Barcelona, e pechouna con 34 encontros oificiais e 2 goles.

Tenerife (1ª etapa)

[editar | editar a fonte]

No verán de 2000 saíu cedido ao Tenerife, que militaba na Segunda División.[4] Ás ordes de Rafa Benítez, na súa primeira tempada tivo que competir polo posto de interior dereito con Juan Jesús e Dani, sendo este último o máis veces aliñado nun centro do campo que completaban habitualmente Pep Martí, Gerardo Torrado e Luis García. Sumou un total de 35 partidos (14 como titular) e o equipo canario acabou a liga na terceira posición, conseguindo así o ascenso a Primeira.[4]

Debutou na máxima categoría na 12ª xornada da tempada 2001/02, contra o Deportivo da Coruña no Heliodoro Rodríguez López, substituíndo na segunda metade a Acorán.[5] Con todo, apenas tivo minutos de xogo durante a tempada, nin con Pepe Mel nin co seu substituto no banco, Javier Clemente, co que o equipo culminou o descenso a Segunda. Non conseguiu ter continuidade no conxunto canario ata as súas dúas últimas tempadas no club (2003/04 e 2004/05), nas que foi titular na maioría de xornadas. Pechou o seu primeiro paso polo Tenerife en 2005, cun total de 160 partidos disputados e 12 goles anotados.[4]

En xuño de 2005 foi anunciada a súa fichaxe polo Málaga, da Primeira División, a onde chegou como petición do adestrador Antonio Tapia para suplir a ausencia de Juanito.[6][7] Na súa primeira campaña en Málaga disputou 36 encontros, a gran maioría deles saíndo dende o banco de suplentes, e non puido evitar o descenso do equipo. Xa en Segunda, converteuse en titular indiscutible para o técnico Muñiz nas dúas seguintes campañas, que culminaron co regreso do club andaluz á máxima categoría ao remate da 2007/08. Sumou ademais 14 goles nesa histórica campaña, incluídos os dous tantos no 2-1 contra o Tenerife na derradeira xornada, vitoria que certificou o ascenso do club.[8]

Zaragoza e Osasuna

[editar | editar a fonte]

No 2008 fichou polo Zaragoza, que militaba en Segunda.[9] No equipo dirixido por Marcelino xogou como mediocentro sen conseguir render ao mesmo nivel que no Málaga, e no mercado invernal de 2009 saíu cedido a Osasuna, na Primeira División.[10][11] No conxunto aragonés tivo como adestrador a José Antonio Camacho, que lle deu poucas oportunidades, aliñándoo só en 376 minutos repartidos en 12 encontros.

No verán de 2009 regresou a Segunda ao fichar polo Albacete.[12] Neste club formou unha prolífica dupla goleadora xunto ao uruguaio Cristhian Stuani, sumando 31 goles entre os dous, o que foi decisivo para que o club acabase conseguindo a permanencia baixo a batuta do galego David Vidal.[13]

Tenerife (2ª etapa)

[editar | editar a fonte]

En 2010 volveu ao Tenerife, onde viviu unha caótica tempada 2010/11, con ata cinco adestradores diferentes e o descenso á Segunda División B.[14] Contabilizou un total de 30 encontros e 3 goles.

Últimos anos

[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 2012 pasou a ser xogador do Sabadell, no que militou durante as seguintes tres campañas e media. Na última delas, na que exercía como capitán do equipo, sufriu o quinto descenso da súa carreira deportiva, ao caer ata a Segunda B.[15] No club catalán disputou 117 partidos e anotou 12 goles.

Xa con 36 anos, para a tempada 2015/16 asinou como novo xogador do Cornellà, da Segunda B, pero despois de xogar só cinco partidos anunciou a súa retirada como futbolista.[16]

Como adestrador

[editar | editar a fonte]

Inmediatamente trala súa retirada iniciouse como adestrador, traballando como auxiliar no equipo xuvenil do propio Cornellà.[1] O seu primeiro traballo como adestrador titular foi no EC Granollers, club no que militara en categorías inferiores. Incorporouse en abril de 2016, co equipo en postos de descenso, e conseguiu a permanencia en Terceira División.[1] A continuación emigrou a Chipre, onde foi asistente de Imanol Idiakez e Andoni Iraola no corpo técnico do AEK Larnaca.[1] Con este equipo acabou dúas veces subcampión da liga chipriota de Primeira División e conquistou a Copa de Chipre en 2018, o primeiro título do club en 14 anos.

En abril de 2019 volveu ao Sabadell, que ocupaba a penúltima posición do Grupo III da Segunda División B a falta de sete xornadas. Con Hidalgo no banco, o conxunto catalán reverteu a situación, sumando catro vitorias que lle permitiron escalar ata a 12ª posición final.[1] O seu éxito no Sabadell prolongouse na tempada 2019/20, na que o club conseguiu o ascenso á Segunda División, despois de derrotar na promoción a Atlético de Madrid B, Cultural Leonesa e Barcelona B.[15] Na seguinte tempada debutou como adestrador en Segunda, pero non conseguiu manter o equipo na categoría.[17] Con todo, continuou no banco catalán para a tempada 2021/22 na Primeira Federación, pero foi destituído en novembro de 2021, ocupando o equipo postos de descenso.[18]

Sevilla Atlético

[editar | editar a fonte]

En outubro de 2022 foi nomeado adestrador do Sevilla Atlético, da Segunda Federación, ocupando o lugar do destituído Alejandro Acejo.[19]​ Colleu o equipo na derradeira posición da liga e conseguiu levalo ata a décima praza, conseguindo así a permanencia. Dirixiu o equipo no inicio da tempada 2023/24, sumando catro vitorias nos primeiros seis partidos, pero a continuación decidiu aceptar a oferta do Huesca, que pagou ao Sevilla uns 150.000 euros pola súa fichaxe.[20]

Chegou ao club oscense para substituír ao cesado Ziganda, que mantiña o equipo na penúltima posición da táboa de Segunda División. Con Hidalgo como técnico o club conseguiu saír do pozo e acabou a tempada con catro puntos sobre o descenso. O rendemento do equipo elevouse notablemente na tempada 2024/25, chegando a ocupar en varios momentos postos de ascenso directo a Primeira, para acabar finalmente na oitava posición.[21] A súa boa tempada co Huesca valeulle o apoio da meirande parte da afección do club, pero tamén a chegada de numerosas ofertas, polo que decidiu poñer fin á súa etapa en Aragón.[22][23]

Deportivo da Coruña

[editar | editar a fonte]

O 10 de xuño de 2025 anunciouse a súa fichaxe como adestrador do Deportivo da Coruña, en substitución do betanceiro Óscar Gilsanz.[24]

  1. 1 2 3 4 5 "Antonio Hidalgo: “El entrenador ha de trabajar muchísimo la mentalidad del jugador para que te siga”". Real Federación Española de Fútbol (en castelán). 27 de novembro de 2024. Consultado o 10 de xuño de 2025.
  2. "Emotivo homenaje en Canovelles a Antonio Hidalgo y Agustín Pérez" (en castelán). 21 de febreiro de 2016. Consultado o 10 de xuño de 2025.
  3. "Mallorca B - FC Barcelona B". BDFutbol (en castelán). Consultado o 10 de xuño de 2025.
  4. 1 2 3 "Antonio Hidalgo, el regreso de un tinerfeñista" (en castelán). 4 de xullo de 2010. Consultado o 10 de xuño de 2025.
  5. "Tenerife 3-1 Deportivo". BDFutbol (en castelán). Consultado o 13 de xuño de 2025.
  6. "El club anuncia el fichaje de Hidalgo, del Tenerife". As (en castelán). 18 de xuño de 2005. Consultado o 14 de xuño de 2025.
  7. ""La oportunidad que me han dado aquí es única"" (en castelán). 15 de xullo de 2005. Consultado o 14 de xuño de 2025.
  8. "Antonio Hidalgo rememora el último ascenso: "No hubo final más perfecto"". Marca (en castelán). 7 de setembro de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2025.
  9. "Antonio Hidalgo ficha por el Zaragoza para las dos próximas temporadas" (en castelán). 1 de xullo de 2008. Consultado o 14 de xuño de 2025.
  10. "Hidalgo se va a Osasuna para "jugar y disfrutar de mi posición"" (en castelán). 29 de xaneiro de 2009. Consultado o 14 de xuño de 2025.
  11. "Antonio Hidalgo llega cedido a Osasuna". Marca (en castelán). 24 de xaneiro de 2009. Consultado o 14 de xuño de 2025.
  12. "El Albacete se hace con Antonio Hidalgo" (en castelán). 1 de setembro de 2009. Consultado o 14 de xuño de 2025.
  13. "Stuani-Hidalgo, la dupla del gol en el Albacete la 2009-10". As (en castelán). 3 de xaneiro de 2021. Consultado o 14 de xuño de 2025.
  14. "Antonio Hidalgo: "Se me ponen los pelos de punta al recordar el ascenso con el CD Tenerife"" (en castelán). 22 de xaneiro de 2019. Consultado o 14 de xuño de 2025.
  15. 1 2 "La dolorosa espina que se quita Antonio Hidalgo con el ascenso del Sabadell" (en castelán). 27 de xullo de 2020. Consultado o 14 de xuño de 2025.
  16. "Se retira Antonio Hidalgo, uno de los ídolos modernos del malaguismo" (en castelán). 20 de abril de 2018. Consultado o 14 de xuño de 2025.
  17. "El Sabadell apuesta por Antonio Hidalgo pese al descenso" (en castelán). 2 de xuño de 2021. Consultado o 14 de xuño de 2025.
  18. "El Sabadell destituye a Antonio Hidalgo" (en castelán). 20 de novembro de 2021. Consultado o 14 de xuño de 2025.
  19. "Alejandro Acejo, destituido del Sevilla Atlético, ya tiene sustituto" (en castelán). 19 de outubro de 2022. Consultado o 14 de xuño de 2025.
  20. "La cantidad que el Huesca paga al Sevilla por Antonio Hidalgo" (en castelán). 11 de outubro de 2023. Consultado o 14 de xuño de 2025.
  21. "Dulce despedida de la S.D. Huesca de Antonio Hidalgo (3-2)" (en castelán). 1 de xuño de 2025. Consultado o 14 de xuño de 2025.
  22. "La afición pide a Hidalgo que siga... hasta le ponen una pancarta en su casa" (en castelán). 23 de maio de 2025. Consultado o 14 de xuño de 2025.
  23. "Antonio Hidalgo no seguirá en la SD Huesca: "Me habéis enseñado a no reblar"" (en castelán). 31 de maio de 2025. Consultado o 14 de xuño de 2025.
  24. "Antonio Hidalgo, novo adestrador do RC Deportivo". 10 de xuño de 2025. Consultado o 10 de xuño de 2025.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]