Antonio Guillán Hermo
Antonio Guillán Hermo | |
---|---|
Nacemento | 1900 |
A Pobra do Caramiñal | |
Falecemento | 1985 |
Pontevedra | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | mestre e poeta |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Antonio Guillán Hermo, nado na Pobra do Caramiñal en 1900 e finado en 1985, foi un poeta galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Antonio Guillán Hermo naceu na Pobra do Caramiñal. Cursou estudos de maxisterio e logo de superar as oposicións a mestre casou con María Fajardo Silva, tamén mestra, exercendo ámbolos dous a docencia en distintos colexios de Galiza. A maior parte da súa vida transcorreu entre Vilalonga (Sanxenxo), Vigo e Pontevedra, onde residiu coa súa familia ata a súa morte en 1985.
A pesar de non militar en partido político ningún, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, cando era mestre en Sárdoma, foi represaliado e perdeu o seu posto de traballo, que conseguiu recuperar máis tarde.
Foi un grande estudoso e coñecedor das letras galegas, profundo admirador da obra de Curros e de Pondal, polos que sentía un respecto reverencial. Esa influencia apréciase tanto nos temas da súa poesía como na forma e métrica dos seus versos.
Os seus temas, profundamente galegos, denotan o amor pola súa terra e un fino sentido humorístico.
A súa derradeira obra publicada, O libro dos soños conta coa colaboración de famosos pintores galegos coma Manuel Aramburu, Manuel Pesqueira, Xulio Maside ou Manuel Torres.
Obra[editar | editar a fonte]
- Xuncos, 1979 (poemario)
- O libro dos soños, 1984 (poemario)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Antonio Guillán Hermo na páxina web Nomes e Voces.