Antonio Guede

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Guede
Nacementovalor descoñecido
 Gaspar
Falecemento13 de novembro de 1937
 Jessup
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsindicalista
editar datos en Wikidata ]

Antonio Guede Quintas, nado en Gaspar (Cantoña, Baños de Molgas) e finado en Jessup (Pensilvania) o 13 de novembro de 1937, foi un sindicalista e militante libertario galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Natural de Gaspar e alumno de José Castro. Mineiro, viviu 30 anos en Norteamérica, residindo en Pensilvania e Canadá. En 1924 subvencionou a viaxe de José Ledo Limia e outros dezaseis galegos a Estados Unidos, contando coa colaboración de militantes de México. Colaborou en Cultura Proletaria de Nova York entre 1927 e 1929, en El Libertario de Madrid e Sagitario de Tampico. Morreu en Jessup. Á súa morte o Centro de Estudios Sociales de Jessup colocou un lazo de seda coa inscrición "Centro de Estudios Sociales de Jessup - CNT-AIT-FAI". En xaneiro de 1938 José Ledo Limia escribiu unha necrolóxica de Antonio Guede (con fotografía) en Galicia Libre.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]