Antonio Garrido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Garrido
Antonio Garrido.jpg
Nome completo Antonio Garrido Benito
Nacemento 20 de setembro de 1971 (47 anos)
Lugar Andalucía Salteras (provincia de Sevilla)
Nacionalidade España
Cónxuxe(s) Araceli Álvarez de Sotomayor (2008-2010)
Lucía Díaz (2010-actualidade)
Fillos Antonio José Garrido Díaz
Profesión Actor, presentador
editar datos en Wikidata ]

Antonio Garrido Benito, nado en Salteras (provincia de Sevilla) o 20 de setembro de 1971, é un actor e presentador de televisión andaluz.[1] É fillo do xornalista José Luis Garrido Bustamante.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Actor[editar | editar a fonte]

Como intérprete participou episodicamente en varias series e formou parte do elenco de Al filo de la ley (2005), en TVE, Los simuladores (2006-07), en Cuatro, e La chica de ayer (2009), en Antena 3 (interpretando o papel de Joaquín Gallardo, un inspector da policía). Dende xaneiro de 2010, ata 2012, interpretou a Mario Castillo, o pai de familia da serie Los protegidos, en Antena 3.[2] En 2013, fichou pola segunda tempada da serie Amar es para siempre, en Antena 3.

A súa traxectoria no cinema foi algo máis curta, destacando as súas intervencións en Camarón (2005), de Jaime Chávarri, Desde que amanece apetece (2005), de Antonio del Real, El camino de los ingleses (2006), de Antonio Banderas, e Diario de una ninfómana (2008). En 2011 foi incluído no elenco de actores de La chispa de la vida, un filme dirixido por Álex de la Iglesia.

Iniciouse profesionalmente como actor no teatro ó participar na obra Bajarse al moro, de José Luis Alonso de Santos. A ela seguíronlle, entre outras, Breve Brecht, Un novo mundo, El barbero de Sevilla, Réquiem de Berlín e El otro lado de la cama, que lle proporcionou, en 2005, unha candidatura aos Premios da Unión de Actores como mellor actor secundario na categoría de teatro.

Presentador[editar | editar a fonte]

Como presentador debutou na cadea local Onda Giralda (agora Giralda TV) co programa de cultura cofradiera Añoranza no 1998. Un ano máis tarde pasou a Canal Sur cos programa El día E, Vamos de fiesta e Andalucía directo dende 1999. En 2007 pasou a Cuatro para presentar o concurso Gente de mente (2007) e posteriormente a TVE poñéndose á fronte do concurso Identity (2007-08) e o espazo divulgativo Hijos de Babel (2008). Dende o 18 de maio de 2009 e durante uns meses presentou unha nova edición do concurso ¿Quién quiere ser millonario? en Antena 3. Foi un dos catro presentadores do programa especial de Noitevella da TVE no ano 2007. En 2012, conduciu para as cadeas integradas na FORTA o concurso El duelo.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Mantivo unha relación sentimental con Araceli Álvarez de Sotomayor durante moitos anos, coa que casou o 12 de xullo de 2008 na igrexa de Santa Marina de Córdoba, cidade natal da moza. En febreiro de 2010 divórcianse, e en abril comeza a saír coa compostelá Lucía Díaz. O 19 de setembro de 2012 teñen un fillo chamado Antonio José.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Actor[editar | editar a fonte]

Como presentador[editar | editar a fonte]

  • Programas para a cadea local Onda Giralda (1998)
  • Presentador de diferentes galas (Fin de año, Gala de Andalucía) para Canal Sur (1999)
  • Andalucía directo, colaborador para Canal Sur (1999)
  • Hablemos claro, copresentador xunto con Isabel Gemio e Cristina Tárrega para Canal Sur (2000)
  • Vamos de fiesta, galas para Canal Sur (2000)
  • El día E, concurso para Canal Sur (2001)
  • Gente de mente, concurso para Cuatro (2007)
  • Hijos de Babel, concurso para TVE (2008)
  • Identity, concurso para TVE(2007-2008)
  • ¿Quién quiere ser millonario?, concurso para Antena 3 (2009)
  • El duelo, concurso para a FORTA(2012)

Filmes[editar | editar a fonte]

Longametraxes[editar | editar a fonte]

Curtametraxes[editar | editar a fonte]

  • Ludoterapia. Dir. León Siminiani (2006)

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Bajarse al moro, pola Fundación El Monte (1995)
  • Breve brecht. Dir. Bertlod Brecht/Daniel Suárez (1995)
  • Héctor, iniciativa dos alumnos di Instituto do Teatro (1996)
  • Un nuevo mundo. Dir. Juan Dolores Caballero (1996)
  • El barbero de Sevilla. Dir. José Luis Castro (1997)
  • Extraño. Dir. Pedro Álvarez Osorio (1997)
  • Cambalache. Dir. Daniel Suárez (1997)
  • Fe. Dir. Julio Fraga (1998)
  • Réquiem de Berlín. Dir. Bertold Brecht (1998)
  • Otelo el moro, como Yago (2000-2001)
  • El otro lado de la cama, como Rafa (2004-2005)
  • El burlador de Sevilla, como o Burlador (2007)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Biografía de Antonio". Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2012. Consultado o 08 de xuño de 2015. 
  2. Diario ABC, ed. (18 de xaneiro de 2010). "En "Los Protegidos" no soy animal de bellota y muestro mi lado más tierno".