Saltar ao contido

Antonio Fernández Rivadulla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntonio Fernández Rivadulla
Biografía
Nacemento29 de xaneiro de 1978 Editar o valor en Wikidata (46 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista

Antonio Fernández Rivadulla, nado en Ourense o 29 de xaneiro de 1978, é un exfutbolista e adestrador galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como xogador

[editar | editar a fonte]

É fillo do tamén futbolista Antonio Fernández García, natural de Mondariz e que xogou como dianteiro en equipos como o Pontevedra ou o Ourense. Na cidade das Burgas naceu Antonio fillo o 29 de xaneiro de 1978. Criouse en Pontevedra e iniciou a súa traxectoria como futbolista no Vilalonga, co que debutou en Terceira División con 17 anos.[1][2] Tras un breve paso polo equipo xuvenil do Deportivo da Coruña, xogou no Lalín, o Grove e o Xove Lago, ata que en 2002 saíu de Galicia para xogar no Villarrobledo.[1] Máis tarde xogou no Granada, o Torredonjimeno, o Granada Atlético, o Guadalajara e o Motril.[1]

En 2008 volveu ao fútbol galego e militou en catro clubs da Terceira División: Portonovo, Ourense, Pontevedra e Céltiga. Tras pasar brevemente polo Boiro, pechou a súa carreira no Vilalonga, no que xogou ano e medio entre 2013 e 2014.

Como adestrador

[editar | editar a fonte]

En decembro de 2014, sendo xogador do Vilalonga, colgou as botas para converterse no adestrador do propio club sanxenxino na Preferente Galicia.[2] Dirixiu o equipo durante dúas tempadas e media, logrando na segunda delas o ascenso á Terceira División e acabando décimo na seguinte.[3]

Nas tempadas 2017/18 e 2018/19 adestrou o Alondras en Terceira, rematando en cuarta posición en ambas ocasións. En outubro de 2019 fichou polo San Roque de Lepe, tamén de Terceira,[4] co que conseguiu o ascenso á Segunda División RFEF na tempada 2020/21. Dirixiu o equipo tamén o seguinte ano, acabando a súa primeira campaña na categoría a un só punto da promoción de ascenso.

O 6 de xullo de 2022 asinou como novo técnico do Pontevedra, na Primeira División RFEF.[5][6] Non chegou a rematar a tempada, pois foi destituído trala xornada 19, despois de conseguir só 4 vitorias en liga.[7]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Boiro

Adestrador

[editar | editar a fonte]
Vilalonga
  1. 1,0 1,1 1,2 Camacho Malo, José Luis (21 de marzo de 2022). "Antonio F. Rivadulla: “Para mí lo más importante no es imponer sino convencer, el respeto se gana"" (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 Palmás, Roi (11 de decembro de 2014). "Antonio cambia las botas por la pizarra en el Vilalonga". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2023. 
  3. Martínez, Gemma (25 de abril de 2016). "El Villalonga FC vuelve a Tercera División". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2023. 
  4. "El ex del Alondras Antonio Fernández, nuevo entrenador del San Roque de Lepe". ceutadeportiva.com (en castelán). Consultado o 29 de octubre de 2019. 
  5. "El Pontevedra CF ya tiene entrenador: Antonio Fernández dirigirá al equipo en Primera RFEF". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de xullo de 2022. Consultado o 5 de novembro de 2023. 
  6. "Antonio Fernández Rivadulla, nuevo entrenador del Pontevedra CF para la próxima temporada". Faro de Vigo (en castelán). 6 de xullo de 2022. Consultado o 5 de novembro de 2023. 
  7. "El Pontevedra fulmina a Antonio Fernández". Diario de Pontevedra (en castelán). 18 de xaneiro de 2023. Consultado o 5 de novembro de 2023.