Antonio Fernández Morales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Antonio Fernández y Morales»)
Infotaula de personaAntonio Fernández Morales

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Antonio Fernández y Morales Editar o valor em Wikidata
17 de setembro de 1817 Editar o valor em Wikidata
Astorga, España Editar o valor em Wikidata
Morte15 de agosto de 1896 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Cacabelos, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio da Edrada 
Deputado no Congreso dos Deputados
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Relixióncatólica
Educaciónseminario de Astorga
Coñecido porEnsayos poéticos…
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmilitar
Xénero artísticopoesía
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor em Wikidata

Antonio Fernández Morales, nado en Astorga o 17 de setembro de 1817 e finado en Cacabelos o 15 de agosto de 1896,[1] foi un militar e escritor berciano en lingua galega, autor de Ensayos poéticos en dialecto berciano,[2] publicado en 1861. Con motivo do Bicentenario do seu nacemento en 2017 celebrouse no Bierzo o Simposio Antonio Fernández Morales, o cantor do Bierzo.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De orixe fidalga, naceu e viviu en Astorga ata os cinco anos de idade, fillo de Tomás Fernández Garrido (farmacéutico) e Nicolasa Morales Rodríguez, ambos naturais desa vila. Foi criado en Cacabelos. Cara a 1832, con quince anos de idade, iniciou os tres cursos de filosofía no seminario de Astorga. En outubro de 1835 solicitou o ingreso no militar Colexio de Distinguidos de Valladolid, onde iniciou os seus estudos o 7 de xaneiro do ano seguinte e onde estivo ata o 30 de maio dese mesmo ano, sendo destinado ao Rexemento de Infantaría de Borbón n.º 17. No ano 38 participou en diferentes accións militares, conseguindo o emprego de tenente.[4]

Mariano Cubí i Soler.

Tanto o seu pai coma el formaron parte da Sociedade de Teatro de Vilafranca do Bierzo en 1843.[5] Fixo amizade co filólogo Mariano Cubí i Soler en 1847, e baixo a súa influencia comezou a escribir en galego como certifican as súas cartas autógrafas destas datas ao filólogo catalán, dadas a coñecer en 2017[6] . Secundou o levantamento de 1854.

En 1860 publicou en El Esla o seu primeiro poema en galego, O fiandón da aldea. En 1861 publicou Ensayos poéticos en dialecto berciano[2] o segundo libro escrito en galego no Rexurdimento despois d' A Gaita Gallega de Xoán Manuel Pintos.[7] Foi prologado por Cubí, e está composto por 8.000 versos distribuídos en 15 poemas en galego e 1 bilingüe castelán-galego.

Participou na revolución de 1868 que derrocou a Isabel II, ascendido a xeneral en 1870, foi nomeado gobernador militar de Toledo, foi tamén deputado do distrito de Vilafranca do Bierzo polo Partido Radical (1872-1873) de Manuel Ruiz Zorrilla e ocupou o cargo de delegado nos Estados Pontificios. En 1876 publicou Ensayos poéticos, en castelán.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pena, X. R.. Historia da Literatura Galega II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento,[1] pp. 102-107, 2014, Xerais, ISBN 978-84-9914-764-2.
  2. 2,0 2,1 O seu título completo é Ensayos poéticos en dialecto berciano, por el comandante de infantería e inspector provincial de estadística, D. Antonio Fernández y Morales, con una introducción sobre lenguas, dialectos, subdialectos y jergas en general, y el origen del berciano, lengua y dialectos castellanos y gallegos en particular, por D. Mariano Cubí y Soler, autor de varias obras filológicas, fundados de dos colegios literarios, y propagador de la frenología en España.
  3. "Simposio do bicentenario". Morales 2011. 11/9/2017. Arquivado dende o orixinal o 14/08/2018. Consultado o 14/08/2018. 
  4. Balboa de Paz 2018.
  5. "O teatro romántico da capital histórica do Bierzo e os seus socios fundadores Enrique Gil e Fernández Morales". H. M. Silveiro Fernández. Revista do Instituto Estudios Bercianos. nº 39. p. 213-240 (xullo 2015) ou en versión dixital: Morales e o teatro de Vilafranca Arquivado 18 de maio de 2017 en Wayback Machine.
  6. Silveiro, Héctor M. (2018-06-20). "Tradiciois, terra e identidade na obra de Morales". Boletín da Real Academia Galega 0 (378): 501–549. ISSN 2605-1680. 
  7. Carballo, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. pp. 113–115; 771; 778…. ISBN 84-7154-227-7. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]