Antonio Fernández Gómez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Fernández Gómez
Nome completoAntonio Fernández Gómez
Nacemento16 de febreiro de 1882
 Goián, Tomiño
Falecemento2 de novembro de 1970 (88 anos)
 Goián
Páxina webhttp://www.antoniofernandezpintor.com
editar datos en Wikidata ]

Antonio Fernández Gómez, nado en Goián (Tomiño) o 16 de febreiro de 1882 e finado o 20 de novembro de 1970, foi un pintor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse no Brasil, a onde emigrou con doce anos, e alí recibiu leccións do fotógrafo e pintor de orixe alemá Karl Ernst Papf. En 1901 viaxou a Nápoles, a Roma, e a Anticoli Corrado. En 1903 volveu a Galicia e de aí a Madrid, onde se dedicou a copiar aos mestres do Museo do Prado. Marchou de novo a Brasil. En 1929 regresou a Goián, colaborando como escritor e autor de portadas en Heraldo Guardés, Nuevo Heraldo, El Agro de Tomiño, Vida Gallega, El Pueblo Gallego e Blanco y Negro. Na guerra civil saíu varias veces do país e viviu varias vicisitudes.[1]

No libro El mundo visto a los ochenta años do premio Nobel Santiago Ramón y Cajal, di sobre Antonio Fernández que son de encomiar por belleza y fidelidad a la honrrada pintura tradicional, los paisajes de Fernández Gómez.

Membro da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, hai obra súa en case tódalas pinacotecas de Galicia, incluíndo o Museo Provincial de Lugo,[2] o Museo Quiñones de León/Pinacoteca Francisco Fernández del Riego,[3] a Colección Afundación[4] e a colección da Fundación María José Jove.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]