Antonio Dieter Moure

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Dieter Moure
Antonio Dieter Moure Premios da Cultura Galega 2018 (cropped).jpg
Nacemento1951
 Ourense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónemprendedor
editar datos en Wikidata ]

Antonio Dieter Moure Areán, nado en Ourense en 1951, é un mestre e empresario galego, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Arte e director dun centro de formación profesional privado da capital ourensá, o colexio Valle Inclán, que fundou en 1975, ostentou varios cargos relacionados co asociacionismo empresarial e máis tamén con outros tipos de asociacionismo. Foi presidente da Federación Galega de Balonmán, é impulsor do colectivo de valorización do románico O Sorriso de Daniel, e tamén parte do equipo directivo da Confederación de Empresarios de Galicia durante oito anos, baixo a presidencia de Antonio Fontenla. Tamén como dirixente empresarial foi presidente das empresas de formación de Ourense e secretario da asociación española de empresas dese mesmo sector.

A finais de 2015 Moure presentou a súa candidatura para suceder o dimitido Fernández Alvariño. Enfrontouse a outro candidato nado en Ourense, José Manuel Pérez Canal, a quen se impuxo en xaneiro de 2016 por unha escasa marxe[1]. Porén, só uns meses despois, aínda antes de se facer o ano de mandato, presentou a súa dimisión[2].


Predecesor:
José Manuel Fernández Alvariño
 
Presidente da CEG
 
2016
Sucesor:
pendente de elección

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Antonio Dieter Moure Areán, nuevo presidente de la CEG". La Región (en castelán). 15 de xaneiro de 2016. Consultado o 15 de xaneiro de 2016. 
  2. "Dimite el presidente de la CEG, Antonio Diéter Moure, al quedarse sin apoyo en las provincias". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de outubro de 2016. Consultado o 7 de outubro de 2016.