Antonio Carballo Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Carballo Vázquez
 Coles
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Antonio Carballo Vázquez, nado en Coles e finado en Vigo o 12 de maio de 1937, foi un industrial e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Presidente da loxa masónica Vicus Nº 8. Coa República foi elixido concelleiro de Vigo nas eleccións do 12 de abril. Foi suspendido como concelleiro en 1934. Militante de Izquierda Republicana. Foi reposto como concelleiro o 20 de febreiro de 1936.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi xulgado en consello de guerra sumarísimo con José Caldas Iglesias, acusado de rebelión militar e condenado a pena de morte. Foi fusilado no castelo do Castro. Abríronlle expediente de incautación de bens en setembro de 1937.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El País, 22-2-1936, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 10-9-1937, p. 9.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]