Antonio Caballero y Góngora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Caballero y Góngora

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de maio de 1723 Editar o valor em Wikidata
Priego de Córdoba, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de marzo de 1796 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Córdoba, España Editar o valor em Wikidata
Roman Catholic Bishop of Cordoba (en) Traducir
15 de setembro de 1788 – 24 de marzo de 1796
← Baltasar Yusta y Navarro (en) TraducirAgustín Ayestarán y Landa (en) Traducir →
Archbishop of Bogotá (en) Traducir
14 de decembro de 1778 –
← Agustín de Alvarado y Castillo (en) TraducirBaltasar Jaime Martínez Compañón (pt) Traducir →
Bispo de Yucatán (pt) Traducir
17 de xullo de 1775 –
← Juan Manuel Garcia de Vargas y Ribera (en) TraducirLuis Tomás Esteban de Piña y Mazo (en) Traducir →
Bishop of San Cristóbal de las Casas (en) Traducir
29 de maio de 1775 –
← Juan Manuel Garcia de Vargas y Ribera (en) TraducirFrancisco Polanco (en) Traducir →
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico (1750–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónSantiago José Hechavarría y Elguesúa (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Antonio Caballero y Góngora, nado en Priego de Córdoba o 23 de maio de 1723 e finado en Córdoba o 24 de marzo de 1796, nome completo Antonio Pascual de San Pedro de Alcántara Caballero y Góngora, foi un arcebispo católico español e, dende 1782 até 1789, Vicerrei de Nova Granada.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Antonio Caballero y Góngóra.

En 1774, foi convidado a predicar na Capela Real con asistencia dos reis e de toda a corte, foi a súa palabra tan elocuente que Carlos III emocionouse e propúxoo ó Papa para o Episcopado. Foi preconizado bispo de Iucatán e, en 1776, consagrado na Catedral da Habana polo bispo de Cuba, Santiago José Echevarría, ocupando a Sede de Mérida.

O 19 de setembro de 1777, é nomeado arcebispo e designado para a Sede de Santa Fe de Bogotá.

Sendo arcebispo de Santa Fe tivo que enfrontar, en 1781, a Insurrección dos Comuneiros, logrando habilmente negociar cos capitáns do movemento -que ameazaba con tomarse a Santa Fe de Bogotá- unhas capitulacións en troques de desistir nas súas intencións. Os comuneiros creron na palabra e figura do arcebispo e disolvéronse. Pouco despois as autoridades descoñeceron as capitulacións e mandaron capturar a aqueles que persistían na rebelión, entre eles a José Antonio Galán, quen ó cabo foi fusilado e descortizado.

Non se puido probar a súa sospeitosa participación no asasinato do Vicerrei Juan de Torrezar Pimienta e logrou facerse recomendar ante a corte para substituílo. O 6 de xullo de 1782, Carlos III nomeou a Caballero y Góngora Vicerrei de Nova Granada.[1] Ademais de Vicerrei, foi capitán xeneral e Presidente da Real Audiencia. Foron as misións a súa gran preocupación e levou capuchinos, franciscanos e dominicos, quen levaron a cabo unha labor evanxelización e de extensión do poder real a certas rexións de fronteira. Caballero y Góngora, coñecido como o "Arcebispo Ilustrado", interesouse polo desenvolvemento das ciencias en perspectiva ilustrada, apoiando o proxecto de creación dunha universidade de estudos xerais, que finalmente nunca se puxo en marcha, dada a oposición que fixeron os dominicos -a creación desta universidade significaba a desaparición da Universidade Santo Tomás que eles rexentaban- e sobre todo, o desinterese da Coroa en achegar cartos para iso.

O 27 de marzo de 1783 Patrocinou a Real Expedición Botánica do Novo Reino de Granada que dirixiu o científico José Celestino Mutis.[2][3]

En 1785 tivo que pór en execución o arresto do ex-relixioso xesuíta Juan José Godoy ante a posibilidade que estivese a reunir recursos e apoio dos Estados Unidos para iniciar unha revolución nas colonias españolas, razón pola cal envía axentes a Filadelfia para facerlle crer que se planificaba unha revolta en Cartaxena de Indias. O ex sacerdote cae na trampa e en 1787 é aprehendido en Xamaica e deportado a Cádiz, onde morre.

Solicitou ao rei volver a España e o 15 de setembro de 1788. O papa Pío VI despacha as bulas do seu nomeamento de arcebispo-bispo de Córdoba, sede vacante por falecemento do titular Baltasar Yusta Navarro.[4]

Emprendeu o seu regreso a España, chegando á Coruña en xuño de 1789. Chega a Madrid onde foi recibido pola Corte de Carlos IV marchando a continuación a Toledo a visitar o Metropolitano e entra en Córdoba na tarde do 19 de decembro de 1789.

Durante o seu pontificado cordobés realizou visita pastoral a toda a provincia empezando por Priego e Lucena. Interesouse polos problemas relixiosos de cada pobo. Tamén realizou obras na Mesquita-Catedral, onde colocou os dous púlpitos barrocos, que permanecen no cruceiro. O 12 de febreiro redactou unha carta pastoral ao clero e pobo, con exhortacións para previrlles contra o espírito de veleno da Revolución francesa, que facía solapada propaganda.

En 1796, con ocasión dunha visita dos reis a Córdoba na que Carlos IV e María Luisa foron atendidos polo bispo, estes ordenaron ao seu Ministro Godoy, dirixísese ao Papa solicitando para o venerable ancián un capelo cardinalicio, pero tres días despois, o 24 de marzo de 1796, Xoves Santo, faleceu. A súa sepultura, atópase no trascoro da catedral de Córdoba.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Efemérides julio". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2008. Consultado o 13 de agosto de 2008. 
  2. "José Celestino Mutis". Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2008. Consultado o 13 de agosto de 2008. 
  3. "Nacimiento del Museo". Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2008. Consultado o 13 de agosto de 2008. 
  4. "«Obispos Residenciales»". Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2008. Consultado o 13 de agosto de 2008.