Antonio Buján

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Antonio Buján Pérez")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Buján
Antonio Buján Pérez 1914.jpg
 Ribadavia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Antonio Buján Pérez, nado en Ribadavia, foi un avogado, agrarista e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Gumersindo Buján Buján. Estudou Dereito na Universidade de Salamanca. Integrouse en Acción Gallega e participou nas súas campañas de mobilización contra o caciquismo e os foros entre 1910 e 1914. Presidiu o Centro Republicano de Ribadavia constituído en 1912[1]. Foi presidente da Sociedade de Agricultores de Ribadavia (1913-1916). Dirixiu o Comité Provincial Agrario de Ourense desde 1916. Proclamou a República en Ribadavia en 1917. Coa folga xeral de 1917 fuxiu a Portugal con José López Requejo e foron detidos en Ribadavia á súa volta en xaneiro de 1918[2]. Foi xerente de La Raza (1918). Foi concelleiro de Ribadavia (1919). Difundiu o abolicionismo dos foros desde 1919, apoiado pola esquerda obreira e socialista. Organizou e presidiu a Federación Provincial de Sociedades Agrarias en 1921, adheríndoa á UXT. Dirixiu La Zarpa. O 14 de abril de 1931 encabezou a comisión republicana que destituíu ao alcalde monárquico de Ribadavia. Durante a Segunda República foi un dos políticos máis importantes do Partido Radical en Ourense polo seu liderado entre as organizacións agrarias da provincia. En 1931 dirixiu El Radical. Foi candidato nas eleccións de 1933 pola provincia de Ourense[3]. Tamén foi presidente do Avia FC (1914) e do Ribadavia FC (1925).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Correspondencia Gallega, 23-10-1912, p. 2.
  2. Noticia en Diario de Pontevedra, 18-1-1918, p. 3.
  3. El Pueblo Gallego, 28-10-1933, p. 8.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]