Antonio Benito Fandiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Antonio Benito Fandiño Martínez»)
Antonio Benito Fandiño
Nacemento22 de xullo de 1779
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento1834
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Antonio Benito Fandiño Martínez, nado na parroquia de Santa María do Camiño (Santiago de Compostela) o 22 de xullo de 1779 e finado cara a 1834[1], foi un destacado liberal e escritor en lingua galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado no seo dunha familia afidalgada procedente de Albixoi (Mesía). Levou unha vida axitada e turbulenta, debido á súa ideoloxía política. Debido ao seu desacordo coas autoridades civís e eclesiásticas, Fandiño comezou a colaborar con medios de difusión liberal, o cal lle custou varias estadías na cadea.

Durante a primeira delas (1810-1814) escribiu A casamenteira (1812),[2] a primeira obra teatral do século XIX conservada. A partir de 1820, dirixiu El Heráclito Español y Demócrito Gallego. Colaborou tamén en Gazeta Marcial y Política de Santiago e Diario Cívico-Patriótico. Fandiño foi moi perseguido a partir do cambio político de 1823, máis tarde foi condenado a traballos forzados no canal de Castela. Cumpriu presidio en Valladolid.

En 1849, celebrouse unha homenaxe na súa honra en Ourense, con motivo do cal se publicou A Casamenteira.

Segundo Ricardo Carballo Calero, Fandiño é tamén autor do Villancico que en la nochebuena del año 1812 cantaron los presos de la cárcel pública de Santiago (en castelán), unha Alborada, unha Moiñeyra e mais un Alalá (en galego).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Xosé Ramón Barreiro di que foi en 1832 en "A esaxerada vida de Antonio Benito Fandiño", A casamenteira, 2000.
    Ramón Mariño Paz di que foi cara a 1834 posto que o seu testamento é de 1834, en "Análise lingüística da obra en galego de Benito Fandiño Paz", Papés d'emprenta condenada II, 2008.
  2. Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da literatura galega. Obras III. Galaxia. ISBN 84-8288-365-8. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]