Antonio-Carlos Pereira Menaut

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Antonio-Carlos Pereira Menaut, nado en Santiago de Compostela en 1948, é un xurista e profesor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É de profesor titular (acreditado como catedrático) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) na área de Dereito Constitucional. Tamén é director da Cátedra Jean Monnet de Dereito Constitucional europeo.

Ocupouse de Teoría Política, Teoría Constitucional, Constitucionalismo Comparado (sobre todo, inglés), e Federalismo, Autonomía e organización territorial. Ultimamente centra a súa investigación no proceso de constitucionalización da Unión Europea.

Obras[editar | editar a fonte]

  • En defensa de la Constitución, 1986.
  • El ejemplo constitucional de Inglaterra, 1992.
  • Política y educación, 1993.
  • Invitación ó estudo da constitución de Alemania. (Lei fundamental de Bonn), 1995.
  • Lecciones de teoría constitucional, 1997.
  • La constitución de los Estados Unidos, 1998.
  • Rule of law o estado de derecho, 2003.
  • Sistema político y constitucional de Alemania. Una introducción, 2003.
  • Doce teses sobre a política, 2009.
  • Derecho constitucional español, 2006.
  • Diálogo del Obradoiro sobre los Estados Unidos de Europa, 2006.