Antoliano Correa Jamardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Antonino Correa Jamardo»)
Infotaula de personaAntoliano Correa Jamardo
Biografía
Nacemento1888 Editar o valor em Wikidata
Padrón, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de decembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (47/48 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxastre , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Antoliano Correa Jamardo,[1] nado en Padrón cara a 1888 e finado en Santiago de Compostela o 1 de decembro de 1936, foi un xastre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tiña unha xastrería na rúa Gasset y Artime de Padrón.[2] Foi dono dun salón de baile en Padrón.[3] Coa República foi elixido concelleiro de Padrón,[4] encadrándose na ORGA. Logo da dimisión do alcalde Jesús Gómez García e da elección de Ramón Piñeiro Eiriz, foi elixido terceiro tenente-alcalde en marzo de 1932.[5] Pertenceu á directiva do Flavia S. C.[6] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e recluído no cárcere de Padrón até o 30 de agosto que foi trasladado á prisión de Santiago de Compostela. Xulgado en consello de guerra en Compostela acusado de traizón o 16 de novembro con Andrés Rey Baltar, Francisco Castaño Otero, Jaime Caamaño Comparada e José Millares Gil, foron condenados a pena de morte.[7] Foron executados no cemiterio de Boisaca o 1 de decembro de 1936. Posteriormente fóronlle incautados os seus bens.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Padrón con Ángeles Forján en 1916,[8] e foi pai de María de los Angeles e Margarita Correa Forján.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nalgunhas fontes figura como Antonino Correa Jamardo.
  2. El Pueblo Gallego, 20-4-1930, p. 9.
  3. El Ideal Gallego, 11-12-1927, p, 4.
  4. El Pueblo Gallego, 28-4-1931, p. 12.
  5. El Pueblo Gallego, 18-3-1932, p. 10.
  6. El Pueblo Gallego, 23-10-1932, p. 10.
  7. El Compostelano, 17-11-1936, p. 2.
  8. Gaceta de Galicia, 21-10-1916, p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]