Antonia Anaut

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonia Anaut
Antonia anaut.jpg
Nacemento1888
Lugar de nacementoIzaba
Falecemento1976
Lugar de falecementoIzaba
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Antonia Anaut Garde, nada no ano 1888[1] en Izaba (Navarra) e finada na mesma localidade en maio de 1976,[2] foi a derradeira falante do dialecto roncalés do éuscaro na súa vila.[3][4] Naceu na casa Katalin-Garde desta localidade.

Antonia Anaut e Ubaldo Uhalde, os últimos falantes en Izaba do dialecto roncalés.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Artola, Koldo. Ziorditik Uztarrozeraino: Nafarroan, euskararen hegoaldeko mugetan barrena, 1983an. 
  2. "Anaut, Antonia". aunamendi.eusko-ikaskuntza.eus. Consultado o 5 de xuño de 2022. 
  3. O éuscaro que hoxe en día se fala en Izaba, como no resto do val de Roncal, é o éuscaro batua.
  4. A derradeira persoa falante nativa do dialecto roncalés no val de Roncal foi Fidela Bernat, que morreu en Pamplona no ano 1991, e con ela extinguiuse o dialecto roncalés como dialecto vivo ou falado como idioma materno.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]