Antoni é un nome propio masculino catalán, polaco e esloveno. Como nome catalán é unha variante dos nomes masculinos Antón e Antonio. Como nome polaco é unha variante dos nomes femininos Antonia e Antonina. Como nome esloveno é unha variante dos nomes masculinos Anton, Antonij e Antonijo e o nome feminino Antonija.[1]
Dende o Renacemento atribuíuselle unha orixe grega por mor da súa semellanza co substantivo "άνθος" (anthos) que significa "flor". Isto levou a pensar que a súa etimoloxía era "digno de loanza" ou "aquel que merece flores". De feito, a partir do século XVII, na lingua inglesa comeza a aparecer escrito coa grafía "th" ("Anthony" no canto de "Antony"), facendo referencia a esta suposta orixe grega. Algúns autores consideran as orixes do nome no antigo rei grego Anthonios, rei de Acaia.