Antoine Louis Dugès

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antoine Louis Dugès
Antoine Duges 1797-1838.jpg
Nome completoAntoine-Louis Delzescauts-Dugès [1]
Nacemento19 de decembro de 1797
Lugar de nacementoCharleville-Mézières
Falecemento1 de maio de 1838
Lugar de falecementoMontpellier
NacionalidadeFrancia
Alma máterAntiga Universidade de París (1200-1215)
Ocupaciónmédico, naturalista, obstetra e zoólogo
PaiPierre Augustin Delzescauts-Dugès
FillosAlfredo Dugès e Eugenio Dugès
EstudosDoutor en Medicina
OrganizaciónUniversidade de Montpellier
PremiosCabaleiro da Lexión de Honra
editar datos en Wikidata ]

Antoine Louis Dugès nado en Charleville-Mézières (Ardenas) o 19 de decembro de 1797, e finado en Montpellier o 1 de maio de 1838,[2] foi un médico especializado en obstetricia, naturalista e zoólogo francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Antoine Dugès era fillo[3] e neto de médicos,[4][5] e sobriño de Marie-Louise Lachapelle, de solteira Dugès, comadroa, e neto de Marie Jonet (Mme. Dugès), tamén comadroa.[6]

Aos 16 anos marchou a París para estudar medicina na Facultade de Medicina da Antiga Universidade de París. Desde o primeiro ano recibiu un dos premios da Facultade de Medicina. Despois gañou regularmente os distintos concursos organizados para estudantes. En 1817 foi alumno interno, e pasou a ser anatomista axudante en 1819, e efectivo en 1820. Acadou o título de doutor en 1821 defendeu a tese Recherches sur les maladies les plus importantes et les moins connues des enfants nouveau-nés (Investigacións sobre as enfermidades máis importantes e menos coñecidas dos nenos recentemente nacidos).

En 1823 publicou un Essai physiologico-pathologique sur la nature de la fièvre, de l'inflammation et des principales névroses... suivi de l'Histoire des maladies observées à l'hôpital des Enfants malades pendant l'année 1818 (Ensaio fisiopatolóxico sobre a natureza da febre, a inflamación e as principais neuroses... seguido da Historia das enfermidades observadas no hospital de nenos enfermos durante o ano 1818), no que trataba de reconciliar as distintas teorías contraditorias entón en vigor.

En 1825 foi recibido no concurso para profesor agregado, instituído o ano anterior. Acadou a cátedra obstetricia na Facultade de Medicina da Universidade de Montpellier, entón en plena reorganización. En 1826 publicou un Manual de Obstetricia que tivo varias reedicións.

En 1838 e 1839 publicou o Traité de physiologie comparée de l'homme et des animaux (Tratado de fisioloxía comparada do home e dos animais), en dous tomos.

Antoine Dugès destacou tamén no campo da historia natural. Especialmente estudou os batracios (Recherches sur l'ostéologie et la myologie des batraciens à leurs différents âges, París, 1834) e os ácaros (Recherches sur l'ordre des Acariens en général et la famille des Trombidées en particulier).

Foi o autor de varias obras orixinais, entre elas Sur la conformité organique dans l'échelle animale, 1832 (Sobre a conformidade orgánica na escala animal), e Recherches sur les Batraciens, 1834 (Investigacións sobre os Batracios), obra salientada polo Instituto de Francia.[7]

Foi o pai de dous zoólogos, residentes ambos os dous en México: Alfredo Dugès (1826–1910) e Eugenio Dugès (1835–1895).

Foi membro de numerosas sociedades científicas, como a Academia de Medicina e a Academia de Ciencias de París, e a Academia de Ciencias de Berlín.

Tamén foi nomeado Cabaleiro da Lexión de Honor e da Orde do Mérito.

A teoría colonial[editar | editar a fonte]

Dugès é o autor da teoría colonial dos organismos, na que tratou de reconciliar as ideas enfrontadas de Georges Cuvier e Étienne Geoffroy Saint-Hilaire. Segundo Dugès, todos os grupos de animais poden comprenderse, en relacións dos uns cos outros, grazas a catro "leis primitivas":

  1. A lei da multiplicidade dos organismos
  2. A lei da disposición dos organismos
  3. A lei da modificación e da complicación dos organismos
  4. A lei da coalescencia

A partir destas catro leis, Dugès infire unha clasificación dos animais en sete grandes divisións.

Obras[editar | editar a fonte]

Escritas por Dugès[editar | editar a fonte]

En colaboración[editar | editar a fonte]

Honores[editar | editar a fonte]

Epónimos[editar | editar a fonte]

Antoine Louis Dugès conmemórase co nome científico dunha especie de lagarto, Lacerta dugesii,[8] hoxe reclasificada como Teira dugesii.[9]

O xénero de planarias de auga doce Dugesia leva o seu nome.

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Dugès emprégase para recoñecer a Antoine Louis Dugès como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Como os seus ascendentes e os seus descendentes, só utilizab a a parte Dugès do seu apelido. Asinaba os seus libros como "Ant. Dugès".
  2. Décès 1838 Archives départementales de l'Hérault, état-civil de Montpellier, registre des décès de 1838.
  3. Pierre Augustin Delzescauts-Dugès (Paris, 1763–Paris, 1831), chirurgien en chef de l'hôpital de Mézières, chevalier de la Légion d'Honneur (1806).
  4. "Dunha familia que xa tiña varios médicos", como confirma Amédée Dechambre na súa biografía.
  5. Amédée Dechambre 1884, p. 642.
  6. Incluso era bisneto duna parteira, xa que Marie Jonet Dugès era filla duna parteira cuxo nome non se conserva.
  7. Ver a lista de títulos en SUDOC.
  8. Beolens, Bo; Watkins, Michael & Grayson, Michael (2014): The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0135-5. ("Dugès, A.L.", pp. 76-77).
  9. Mayer, W. & Bischoff, W. (1996): "Beiträge zur taxonomischen Revision der Gattung Lacerta (Reptilia: Lacertidae) Teil 1: Zootoca, Omanosaura, Timon und Teira als eigenständige Gattungen". Salamandra 32 (3): 163–170. (Teira dugesii, nova denominación).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Amédée Dechambre (1884): "Dugès (Antoine-Louis)", no Dictionnaire encyclopédique des sciences médicales, vol. 64, p. 642.
  • Schmitt, Stéphane (2006). Aux origines de la biologie moderne. L'anatomie comparée d'Aristote à la théorie de l'évolution. París: Éditions Belin.