Pica campestre
Pica campestre Anthus pratensis | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Anthus campestris (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||
Área de distribución de Anthus campestris
En verde: Área de cría. En azul claro: Área de migración. En azul escuro: Área de invernada. | |||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
A pica campestre,[2] Anthus campestris, é unha especie de ave paseriforme da familia dos motacílidos pertencente ao xénero Anthus.[3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1758 por Linneo na páxina 166 do Tomo 1º do seu Systema Naturae baixo o nome de Alauda pratensis.[3]
Sinónimo
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido coñeceuse tamén como:[3]
- Alauda pratensis Linnaeus, 1758 (protónimo)
Subespecies
[editar | editar a fonte]Recoñécense dúas subespecies:[3]
- Anthus pratensis pratensis Linnaeus, 1758
- Anthus pratensis whistleri Clancey, 1942
Características
[editar | editar a fonte]Ten unha lonxitude duns 16 cm. Caracterízase pola súa cola relativamente longa, as patas longas é unha liña ocular clara. A súa parte superior é brillante, case totalmente da cor da area con algunhas manchas máis escuras nas ás. A parte inferior é máis clara, en xeral sen raias. A liña de cor crema de sobre dos ollos é moi notoria.
Aliméntanse principalmente de insectos, aínda que comen tamén sementes.
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]A súa ampla área de distribución na época a reprodución abarca a metade occidental da rexión Paleártica, faltando nas illas Británicas e no norte de Francia.[4]
Cría nun amplo abano de hábitats abertos, como a tundra, páramos e breixais, turbeiras, marismas, dunas, prados costeiross, ladeiras, claros forestais, barbeitos e, ocasionalmente, en terras de cultivo. Powolny et al., (2018) demostraron que ten preferencia polo cultivos de alfalfa e os prados, pero evita os campos de cereais de inverno. No inverno tamén se atopa nas beiras do mar.[1]
É unha ave migratoria que pasa o inverno na África subsahariana, península Arábiga e no oeste do subcontinente indio. É principalmente residente ou migrante parcial en Europa occidental. As aves de Groenlandia e Islandia migran a Europa occidental. As poboacións do norte e do leste son xeralmente migrantes de media distancia.[5] Existen aparentes asociacións de individuos desta especie en cotas elevadas, pendentes frescas e lugares húmidos,[6] , que poden deberse á ecoloxía das súas presas, cuxa abundancia está relacionada positivamente coa humidade do solo e negativamente coa temperatura estival.[7]
Nutrición
[editar | editar a fonte]Aliméntase principalmente de invertebrados, pero consome tamén algunhas sementes de plantas no outono e no inverno.[8]
A súa densidade de poboación está asociada positivamente coa abundancia do grou (Grus grus), probabelmente relacionada cun efecto protector contra os depredadores dos niños.[9]
Reprodución
[editar | editar a fonte]Cría desde finais de marzo até agosto. O niño é unha cunca de herba limpa, forrada de herba e pelo e está oculto entre a vexetación do chan. As postas varían de dous a sete ovos, abrancazados con algunhas manchas castañas, e o tamaño da posta aumenta coa latitude. Choca só a femia. Os polos rompen a casca os 14 días e son alimentados polos pais durante dúas semanas.[5]
Ameazas
[editar | editar a fonte]Pénsase que a principal causa do descenso da súa poboacón é a intensificación das actividades agrícola.[5] Suxeriuse que a eliminación de insectos é prexudicial para as aves insectívoras, como esta especie.[10]
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) tendo en conta que esta especie ten unha área de distribución extraordinarimente grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel segundo o criterio de tamaño da área de distribución, a extensión e calidade do hábitat, e que o tamaño da súa poboación é moi grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel segundo o criterio de tamaño da poboación, e a pesar de que a tendencia da poboación parece ser decrecente, non se cre que o descenso sexa o suficientemente rápido como para achegarse aos limiares de vulnerábel baixo o criterio de tendencia da poboación, a especie é avaliada como LC (pouco reocupante).[1]
En Galicia
[editar | editar a fonte]Anthus campestris en Galicia é unha ave de paso. A maior parte das observacións confirmadas concéntranse na metade sur da provincia de Ourense, sobre todo a altitudes entre os 700 e 1 200 m, alcanzando os 1 618 m nos cumios da serra de San Mamede. Algunhas aves tense visto en zonas costeiras da ría de Arousa.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 BirdLife International (2021): Anthus pratensis na Lista vermella da UICN. Versión 2021-3. Consultada o 12 de decembro de 2921.
- ↑ pica campestre (Anthus campestris) en "A Limia". Xunta de Galicia. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. D. X. de Patrimonio Natural.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Anthus pratensis (Linnaeus, 1758) no GBIF. Consultado o 14 de decembro de 2021.
- ↑ Bernis, F. (1971): Aves migradoras ibéricas. Vol. II, Fascículos 7-8. Madrid: Sociedad Española de Ornitología.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Tyler, S. (2016): Meadow Pipit (Anthus pratensis). En: J. del Hoyo, A. Elliott, J. Sargatal, D. A. Christie & E. de Juana, eds. Handbook of the Birds of the World Alive Volume 9. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-469-6.
- ↑ Massimino et al. (2020): "Can microclimate offer refuge to an upland bird species under climate change?". Landscape Ecol. 35: 1907–1922.
- ↑ Pearce-Higgins, J. W. (2010): "Using diet to assess the sensitivity of northern and upland birds to climate change". Clim. Res. 45: 119–130.
- ↑ Snow, D. W. & Perrins, C. M. (1998): The Birds of the Western Palearctic, Volume 2: Passerines. Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-1985-4099-1.
- ↑ Fraixedas, S., Lindén, A., Husby, M. & Lehikoinen, A. (2020): "Declining peatland bird numbers are not consistent with the increasing Common Crane population". Journal of Ornithology 161 (3): 691–700.
- ↑ David Douglas, Jonathan D. Groom & Davide Scridel (2020): "Benefits and costs of native reforestation for breeding songbirds in temperate uplands". Biological Conservation 244: 108483.
- ↑ VV.AA. 1995, p. 481.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pica campestre |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pica campestre |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Penas Patiño, Xosé M., Carlos Pedreira López e Carlos Silvar (2004): Guía das aves de Galicia, 2ª edición. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-9612-869-5.
- Peterson, Rogen; Mountfort, Guy e Hollom, P. A. D. (1987): Guía de campo de las aves de España y de Europa. 4ª edición. Barcelona: Omega S. A. ISBN 978-84-2820-812-3.
- Svensson, Lars e Grant, Peter J. (2001): Guía de aves. La guía de campo de aves de España y Europa más completa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-2821-218-X.
- VV.AA. (1995): Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo II. Aves. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Sociedade Galega de Historia Natural. ISBN 84-8717-289-X.