Antes do amencer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Antes do amencer
Ficha técnica
Título orixinal Before Sunrise
Director Richard Linklater
Produtor Anne Walker-McBay
Guión Richard Linklater
Kim Krizan
Intérpretes Ethan Hawke
Julie Delpy
Música Fred Frith
Fotografía Lee Daniel
Montaxe Sandra Adair
Distribuidora Columbia Pictures
Estrea 1995
Duración 101 minutos
Orixe Estados Unidos
Austria
Suíza
Xénero Romance
Orzamento US$ 2.500.000

Antes do amencer (Before Sunrise) é unha película de 1995. As películas Antes do atardecer (Before Sunset, 2004) e Antes do anoitecer (Before Midnight, 2013) son secuelas deste filme. Coa película, Richard Linklater gañou o premio a mellor director no Festival Internacional de Cinema de Berlín.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Céline (Julie Delpy) é unha estudante francesa que vén de visitar a súa avoa en Budapest. Jesse (Ethan Hawke) é un mozo estadounidense que realiza unha viaxe a través de Europa despois de ser abandonado pola súa noiva, a quen fora a visitar a Madrid. Céine e JesseAtópanse nun tren, no traxecto entre Budapest e Viena. Chegados a Viena, Jesse debe baixar e logra convencer a Céline para que pase unha noite con el na capital austríaca. No curso desa noite coñécense a fondo, discuten e revelan cuestións diversas como a vida, a morte, o amor e o sexo. Visitan moitos lugares de Viena mentres conversan, e ao día seguinte deben separarse. Pero no último momento, mentres Céline se apresta a abordar o tren, deciden reencontrarse no mesmo lugar (a estación de Viena), á mesma hora, seis meses máis tarde sen pasarse ningún dato de contacto.

Premios e candidaturas[editar | editar a fonte]