Anteiglesia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Anteiglesia (en castelán) ou elizate (en éuscaro) é unha localidade ou distrito municipal do País Vasco que ten a súa orixe nas comunidades que se organizaban ao redor dunha igrexa e tiñan como órgano de goberno a asemblea de todos os veciños que se organizaba en concello aberto celebraba no pórtico ou adro da igrexa parroquial. Deste costume adoptan o nome de anteiglesia.

A orixe desta organización que ten relevo sociopolítico, baséase nos seguintes elementos:

  • Existencia dunha igrexa parroquial.
  • Institucionalización pública das reunións celebradas.

En Biscaia esta institución básica consolídase cando se crean as Xuntas Xerais, que son as reunións dos representantes das diferentes anteiglesias dun determinado territorio. Esta institución gozaba dunha moi ampla autonomía respecto dos órganos de goberno do Señorío. Os foros de 1452 e 1526 non inclúen máis que unha moi reducida normativa con respecto ás autoridades das anteiglesisas.

Organización[editar | editar a fonte]

Formaban parte da denominada Tierra Llana e rexíanse, e rexen, polo dereito foral, en contraposición dos foros da vilas e cidades.

A responsabilidade do goberno correspondía á asemblea de veciños que presidía un fiel síndico procurador xeral que adoptaba como representación de autoridade o chuzo ou lanza da anteiglesia.

O fiel exercía o cargo por un período de tempo determinado, normalmente un ano, e representaba á anteiglesia nas xuntas do meiriñado correspondente.

As anteiglesias estaban divididas en confrarías que corespondían aos seus barrios. Actualmente en moi poucos sitios mantense esta institución. Un exemplo da súa pervivencia é a antiglesia de Iurreta.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]