António Miguel Trigueiros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntónio Miguel Trigueiros
Biografía
Nacemento1944
Datos persoais
País de nacionalidadePortugués.
EducaciónInstituto Superior Técnico de Lisboa.
Actividade
Campo de traballoNumismática e enxeñaría química.
Familia
CónxuxeMaria Delfina Saraiva.
Premios
1992: Premio Vreneli.


António Miguel Forjaz Pacheco Trigueiros, nado en Coímbra en 1944, é un enxeñeiro químico e numismático portugués.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Enxeñaría[editar | editar a fonte]

António Miguel Trigueiros cursou estudos de Enxeñaría Química Industrial no Instituto Superior Técnico de Lisboa, dos que se licenciou en 1971.[1][2]

En 1976 ingresou na Compañía Nacional de Petroquímica (CNP),[2] onde se especializou na transformación de polímeros e plásticos.[1]

Permaneceu nesta compañía ata 1985, cando ingresou na Imprensa Nacional - Casa da Moeda.[3]

Numismática[editar | editar a fonte]

Paralelamente ao seu desempeño profesional como enxeñeiro, Trigueiros interesouse desde novo pola numismáatica e dedicouse ao estudo da historia da moeda portuguesa, sobre o que ten varias publicacións.[2][3]

Entre 1974 e 1985 foi director da Revista Portuguesa de Numismática e Medalhística - Moeda,[2] coordinou as seccións de moedas e medallas na XVII Exposición Europea de Arte, Ciencia e Cultura de 1983, e foi asesor de administración da ceca pública portuguesa e membro do seu Consello de Numismática.[3]

En 1976, a Secretaría de Estado do Tesouro de Portugal encomendoulle un estudo sobre a introdución e a comercialización de moedas emitidas con fins numismáticos,[2] que supuxo a base para a regulación deste tipo de emisións, mediante un decreto-lei de 1983.[4]

Co seu ingreso na Imprensa Nacional - Casa da Moeda en 1985, como director do Departamento de Moeda e Produtos Metálicos,[2] conseguiu conxugar os seus dous intereses: a enxeñaría e a numismática. Nesta entidade lanzou unha nova liña de produtos monetarios baseada na cuñaxe e comercialización de moedas con acabamentos especiais, destinadas ao coleccionismo numismático, algunhas delas recoñecidas nos premios Moeda do Ano.[3]

Entre 1987 e 2001 foi e vogal da Comisión Nacional para as Conmemoracións dos Descubrimentos Portugueses.[2][3]

En 2010 lanzou a súa propia plataforma dixital (Estudosdenumismatica.org), sen ánimo de lucro, onde están dispoñibles case todos os seus traballos sobre numismática publicados desde 1974.[2][5]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

António Miguel Trigueiros casou con Maria Delfina Saraiva, con quen tivo catro fillos.[6]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

António Miguel Trigueiros ten unha abundante produción de artigos sobre numismática portuguesa, publicados fundamentalmente na revista Moeda, mais tamén noutras como Nvmmvs ou The Numismatist. Esta é unha escolma dos seus traballos monográficos, varios deles editados como separatas da revista Numisma.[8][9]

  • (1983). Moeda dos Descobrimentos. Prestígio de Portugal no Mundo. Lisboa.
  • (1989). Estudos de Notafilia. Separata de Numisma, nº 61. Lisboa.
  • (1990). Cobre amoedado para a África Portuguesa: 1867-1879. Separata de Nvmmvs. Parte I: Capítulo I. Parte I: Capítulos II-V. Parte II. Sociedade Portuguesa de Numismática, Porto.
  • (1992). Moedas Portuguesas na Época dos Descobrimentos, 1385-1580 (con A. Gomes). Ed. Alberto Gomes, Lisboa. ISBN 9789729577406
  • (2003). A Grande História do Escudo Português. Coleccões Philae, Lisboa. ISBN 9789729901300
  • (2008). Inéditos da Real Ordem Portuguesa da Torre e Espada, 1808-2008, no Centenário da sua Instituição. Separata de Moeda, Lisboa.
  • (2009). Códices Portugueses Quinhentistas Iluminados com Moedas. Separata de Moeda, Lisboa.
  • (2015). A Conceição: Moeda, Medalha e Venera da Padroeira de Portugal 1646-1996. Lisboa.
  • (2018). A Viagem das Insígnias. Valor e Lealdade. 1818-2018. Lisboa.
  • (2021). A conceição de Portugal e do Brasil : moeda, medalha e insignia honorifica. Lisboa. ISBN 9789893321164

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]