Antón Risco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Antón Martínez Risco Fernández»)
Antón Risco
Nacemento30 de maio de 1926
Lugar de nacementoAllariz
Falecemento7 de febreiro de 1998
Lugar de falecementoVigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónescritor, profesor universitario e especialista en literatura
PaiVicente Risco
PremiosPremio da Crítica de narrativa galega
Na rede
Dialnet: 155487
editar datos en Wikidata ]

Antón Martínez-Risco Fernández, máis coñecido como Antón Risco, nado en Allariz o 30 de maio de 1926 e finado en Vigo o 7 de febreiro de 1998[1], foi un escritor galego, fillo de Vicente Risco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doutor en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid, exerceu a docencia na Universidade de Tolosa, onde estivo en contacto con republicanos e exiliados do franquismo. Logo dunha estancia en Oregón, en 1964 asentouse no Quebec, acadando a praza de catedrático de lingua castelá e portuguesa na Universidade de Laval. Trala súa xubilación regresou a Galiza, onde morreu por mor dun cancro.

É autor de numerosos traballos de teoría e crítica literaria, sendo especialista na obra de Valle-Inclán. Tamén é coñecido pola súa obra de ficción en galego.

Na súa honra, creouse en 2015 o Premio Antón Risco de literatura fantástica.

Obra[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • A figuración literaria (1991, Xerais).

Conversas[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Estética de Valle-Inclán en los esperpentos y en "Ruedo ibérico", 1967.
  • Demiurgo y su mundo: Hacia un nuevo enfoque de la obra de Valle-Inclán, 1977.
  • Azorín y la ruptura con la novela tradicional, 1980.
  • Literatura y figuración, 1982.
  • Literatura fantástica de la lengua española, 1987.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • El relato fantástico: historia y sistema, 1998, Colegio de España, Salamanca.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pereiro, X. M. (9 de febreiro de 1998). "Antón Risco, escritor". El País (en castelán). .