Antón Estévez Cao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antón Estévez Cao
Nacementovalor descoñecido
Lugar de nacementoOurense
Falecementovalor descoñecido e século XX
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoeta e xornalista
Na rede
Galiciana: 356239
editar datos en Wikidata ]

Antón Estévez Cao, nado en Ourense, foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Colaborou en Eco de Galicia, na terceira etapa de O Tio Marcos d'a Portela e El Tea, do que foi correspondente en Ourense.[1] Publicou poemas en La Raza, El Emigrado, Nuevo Támega, Hebe, La Voz del Agro e Faro Villalbés, e poemas e contos en Las Riberas del Eo. Tamén publicou algún artigo na páxina Galicia agrícola y ganadera de La Voz de Galicia. En 1919 anunciouse a próxima publicación dun poemario co título Perfumes d'a miña chola,[2] que non chegou a ver a luz. En 1921 publicou o poemario D'a terra,[3] e en 1928 tiña previsto a edición dun libro de poemas co título Cantos do vento.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Apuntes a un libro". El Tea : semanario independiente (1006). 3-5-1932. p. 1. 
  2. El Tea, 3-9-1919, p. 2.
  3. Diario de Pontevedra, 2-2-1921, p. 2.
  4. El Pueblo Gallego, 22-8-1928, p. 6.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]