Saltar ao contido

Antón Bouzán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntón Bouzán
Biografía
Nacemento30 de outubro de 1995 Editar o valor en Wikidata (30 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoBase Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Oviedo CB

Antón Bouzán Cumplido, nado en Ourense o 30 de outubro de 1995, é un baloncestista profesional galego. Xoga nas posicións de base e escolta e dende 2025 xoga en La Salud Archena da liga LEB Prata.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Bouzán é un base formado no Club Baloncesto Noia e consolidado na canteira do Club Baloncesto Rosalía de Castro co que chegou a xogar durante catro tempadas en Liga EBA.[1]

Logo de salientar no conxunto galego, na tempada 2017-18 asina polo CB Agustinos Eras de León (categoría LEB Prata), equipo no que disputou un total de 29 partidos e cunha media de 16:33 minutos en cancha, 56'2% en tiros de dous e 3,3 rebotes.[2]

No verán de 2018, asina co Oviedo Club Baloncesto da LEB Ouro tras realizar unha gran tempada en Leb Prata.[3]

Durante as tempadas 2019-20 e 2020-21, xogaría no Albacete Basket da liga LEB Prata. Nesta última campaña rexistrou medias de 11.6 puntos e 2.2 rebotes.

O 2 de agosto de 2021, asina polo CB Clavijo da liga LEB Prata,[4] realizando unhas medias de 7.6 puntos e 1 rebote. O 1 de xullo de 2022, asina polo CB Benicarló da liga LEB Prata,[5] logrando medias de 6.6 puntos e 1.1 rebotes na tempada 2022-23.

Na campaña 2023-24 asina polo CB Salou da liga LEB Prata, rexistrando 8.5 puntos e 1.7 rebotes por partido.

O 26 de xullo de 2024, asina polo Club Bàsquet Sant Antoni da liga LEB Prata, onde disputa 15 partidos con medias de 3.7 puntos. O 29 de xaneiro de 2025 asina con La Salud Archena da Segunda FEB, onde logra medias de 5.5 puntos e 1.9 rebotes por encontro até a finalización da tempada 2024-25.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]