Antíparos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antíparos
Αντίπαρος
Antiparos-collage-b.jpg
Desde a parte superior esquerda: O porto de Antíparos, muíños de vento, casas tradicionais no castelo e rúa comercial
Localización da illa
Localización da illa
Situación
PaísGrecia Grecia
Periferias de GreciaExeo Meridional
ArquipélagoCícladas
MarMar Exeo
Coordenadas37°00′N 25°03′L / 37.000, -25.050Coordenadas: 37°00′N 25°03′L / 37.000, -25.050
Xeografía
Superficie45´182 km²
Longura máxima11´3 km.
Largura máxima4´5 km.
Perímetro56 km.
Punto máis alto301 m. Profitis Ilias
Demografía
CapitalKastro
Poboación1.211 hab. (2011)
Densidade26´8 hab./km²
Lingua propiaGrego

Antiparos (grego: Αντίπαρος; grego antigo: Ὠλίαρος Oliaros) é unha pequena illa das Cícladas, no sur do Mar Exeo. Está a menos de 1´9 km de Paros, porto ao que está conectado cun transbordador local. Entre elas, atópase a illa de Saliagos que é o máis antigo asentamento nas Cícladas, e Despotiko, unha illa deshabitada no suroeste de Antiparos, que é un lugar de gran importancia arqueolóxica.

Célebre pola súa gruta, coas súas grandes estalagmitas e estalactitas. A súa cidade principal é Antíparos ou Kastro na punta nororiental da illa.

A Comunidade de Antíparos foi fundada en 1914 e foi promovida a municipio no ano 2010 coa aplicación da Lei "Calikrates", baixo o principio de "cada illa un municipio". Ocupa unha superficie de 45´182 quilómetros cadrados, incluíndo a illa de Antiparos e Despotiko. Ten, segundo o censo de 2011, 1.211 residentes permanentes e unha densidade de 27 habitantes por quilómetro cadrado. A economía da illa baséase no turismo, a pesca, e a agricultura. É coñecida pola súa beleza distintiva das Cícladas, con casas brancas, rúas empedradas e fermosas flores que crecen nos patios das casas. É un poplar centro turístico no verán para os gregos e os visitantes europeos, así como para os investidores de U.S.A.

O principal asentamento atópase no extremo nordés da illa, fronte a Pounda na illa principal de Paros, de onde un transbordador a une co porto de Antíparos. O centro histórico atópase no castelo veneciano de Antiparos, que está conectado a través das rúas comerciais á pintoresca estrada da costa. Outros asentamentos son a famosa localidade de San Xurxo no bordo suroeste, Soros e Kampos don praias populares, na zona do centro son Psaralyki, o Sifneiko, Ag Spiridon. As praias máis populares son: Soros, Glyfa, Apantima, Monastiria.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome antigo da illa era "Oliaros" (en latín, Oliarus), unha palabra probablemente de orixe fenicia que significa "montaña boscosa." Segundo Heracleides, estableceuse unha colonia fenicia de Sidón. Máis tarde a illa foi nomeada "Antíparos", (fronte a Paros) situado a pouca distancia de Paros.

Xeografía e topografía[editar | editar a fonte]

Costa leste de Antíparos

A illa de Antíparos atópase 0´8 millas náuticas (1´5 km) ao suroeste de Paros, separadas polo estreito de Antíparos, coñecido como Amfigeio. atópase a 7´7 km. do porto de Parikia desde o que se conecta con transbordadores de pasaxeiros. A lonxitude máxima da illa é de 11´3 km. de norte a sur, mentres que o tramo máis ancho ten 4´5 km. A superficie total estímase en 37–38 km cadrados. E o pico máis alto, San Elias, no centro da illa, ten a 308 m. de altitude. A cidade principal chámase simplemente Antíparos.

A súa altura máxima atópase a 301 metros sobre o nivel do mar (fronte a 193 metros de altura máxima en Despotiko). Despotiko ten ao suroeste a illa de Strongoli ou Strogilo. Ao norte de Antíparos atopamos as de Kavouras e Dipla.

Antíparos é unha rocha volcánica cun clima seco e con alta humidade, a morfoloxía favorece o desenvolvemento de fortes ventos. As flores crecen na rexión, principalmente buganvillas que adornan os xardíns, casas e tendas. A morfoloxía de Antíparos caracterízase por ser esencialmente plana, con moitos pequenos picos montañosos, a vexetación da illa é baixa. A illa de Antiparos está rodeado de moitas pequenas illas deshabitadas con gran interese histórico e arqueolóxico, como Tsimintiri, Fira, Diplo, ou Revmatonisi. Particularmente e ben coñecida pola comunidade internacional está Despotiko, unha illa deshabitada ao oeste de Antiparos, onde nos últimos anos leváronse a cabo escavacións de gran importancia arqueolóxica.


Antiparos-panorama.jpg


Economía[editar | editar a fonte]

tendas Antiparos

A economía da illa baséase principalmente no turismo: os ingresos das visitas á Cova de Antíparos forman unha parte moi importante do orzamento do municipio. A maioría das persoas traballan nas tendas, restaurantes e aloxamento da illa durante a tempada turística de Pascua a outubro, e o resto financiase polo Servizo de Emprego, ou realizan traballos técnicos e manuais. A economía da illa tamén é axudada pola agricultura a gandería e a pesca. Desde os anos 1970 e 1980, Antíparos converteuse nun destino turístico moi popular, especialmente para os nudistas, atraídos polas praias de area remotas. a máis coñecida é Camping, ou praia dos teólogos, no norte da illa, fronte á illa deshabitada de Diplo. O extremo máis afastado da praia da cidade tamén é nudista, como é a praia Perigiali. Con todo a maioría das outras praias de Antiparos son téxtiles. Desde a década de 1990 produciuse un desenvolvemento constante debido á súa proximidade a Paros, e a infraestrutura mellorouse para dar cabida á crecente afluencia dos turistas.

Arqueoloxía[editar | editar a fonte]

Exposición no museo local

Hai numerosos restos neolíticos na illa. As primeiras escavacións realizounas o viaxeiro Theodore Bent en 1884, que abriu unhas 40 tumbas en dous cemiterios. En 1889 Christos Tsountas escavou en Despotiko, revelando os cemiterios das Cícladas. En 1964-5 escavouse un asentamento neolítico na illa de Saliagos por Colin Renfrew e J. D. Evans da Escola Británica de Atenas. Atopáronse cimentos de pedra dos edificios, puntas de frecha de obsidiana e cerámica, xunto cunha figura de mármore coñecida como a señora gorda de Saliagos.

Os restos clásicos concéntranse na illa de Despotiko. A Illa de Antíparos identificase coa antiga Prepesintho, de acordo cos escritos existentes de Estrabón e Plinio.

En 1959 Nikos Zafiropoulos comezou as escavacións en Zoumparia e Mantra, na costa nordés onde estaba un templo de arquitectura dórica desde tempos antigos, que datan do 500 aC.

En 1997, o arqueólogo Yiannos Kourayos comezou novas escavacións en Mantra, sacando á luz algúns dos edificios auxiliares dun santuario. O templo en se ata o momento non se descubriu, a pesar dunha serie de elementos arquitectónicos dun templo dórico descubertos integrados nas paredes posteriores. O principal achado ata agora foi un edificio alargado, que consta de cinco salas paralelas consecutivas. Na sala sur descubríronse materiais arcaicos con orixe no Exeo leste, Rodas, Chipre e Exipto.

Atopáronse moitas esculturas de mármore, incluíndo dúas cabezas kurós arcaicas, unha estatua masculina espida. Entre os achados significativos inclúen un altar de mármore dedicado ao istmo de Hestia da época clásica e que é testemuño dunha das deidades adoradas nas Cícladas.

Historia[editar | editar a fonte]

A "Camara" (entrada do Kastro)

Durante os tempos bizantinos e ata o século XIII, a información sobre a historia de Antíparos é escasa. Con todo, en 1207, Antíparos foi capturado polo nobre veneciano Marco Sanudo, e mantívose baixo a casa Sanudo ata a segunda metade do século XIV, cando pasou á Cámara de Sommaripa. En 1480 pasou á casa veneciana dos Pisani.

O dominio de Venecia chegou ao seu fin en 1537, cando Antíparos e o resto das Cícladas caeu en mans dos otománs, e permaneceu baixo o dominio otomán ata a Guerra de Independencia grega en 1821, ademais do período da revolta Orlov de 1770 a 1774, cando foi gobernada polos rusos, que leváronse moitas das magníficas estalactitas da cova ó Museo Hermitage en Rusia.

En 1770 o botánico francés Joseph Tornefort informou que Antíparos tiña 78 casas con aproximadamente 200 habitantes.

O "Ksopyrga"

A maior catástrofe foi en 1794, cando piratas Kefaloniáns e Mani chegaron á illa a saquearon, e secuestraron á filla do vicecónsul veneciano.

Os Antipariáns foron dos primeiros nas Cícladas en tomar parte na Guerra da Independencia e en 1832 converteuse oficialmente en parte do estado grego.

Durante a Segunda Guerra Mundial, o extremo suroeste da illa preto de Agios George, utilizouse como base secreta de submarinos, pero logo da guerra converteuse unha vez máis, nun lugar tranquilo, aínda que agora a está perdendo ao converterse cada vez máis como unha vila turística.

Arquitectura[editar | editar a fonte]

Arquitectura de Kastro

A arquitectura, do mesmo xeito que todas as illas Cícladas, require regulacións estritas para preservar a uniformidade das Cícladas, que se compón das típicas casas brancas con portas e fiestras azuis, patio e xardíns adornados con buganvillas e outras flores. A miúdo, estas características son coherentes coa existencia da pedra ou calellos de barrio ou as valas da igrexa.

O castelo foi construído en 1440 e parece ter un estilo moi específico e único de arquitectura. As casas forman un complexo compacto, con 24 casas de dous pisos que forman a zona exterior, mentres que no centro hai unha motte ou montículo, ata hai pouco ocupado por un depósito de auga. Entre as casas hai tres igrexas e o antigo acueduto. As casas na súa maioría déronse a volta para mirar cara a fóra onde actúan como tendas.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

A igrexa de San Xoan, "O Spiliotis"

No centro da illa atópase a famosa cova de Antíparos, unha das covas máis belas e misteriosas do mundo. A cova utilizouse como refuxio natural desde o Neolítico. A zona tamén se utilizou para a olería, e para o culto á deusa Artemisa, na entrada ao sitio esta a sinxela pero magnífica igrexa de Agios Ioannis Spiliotis.

A caverna de Antíparos

Os signos e arañazos nas estalactitas e estalagmitas dan fe dos transeúntes, como a inscrición no altar dos xenerais de Alexandre o Grande e o rei Otto.

A cova de Antíparos[editar | editar a fonte]

A cova é moi extensa, e esténdese en varios niveis. O poeta lírico Arquíloco de Paros dise que deixou unha inscrición na cova. En 1673, marqués de Nointel, embaixador de Francia no Imperio Otomán visitou a cova durante tres días con numerosos compañeiros e celebrou a misa o día de Nadal nela. Máis tarde, varios visitantes gravaron os seus nomes incluídos Lord Byron e o primeiro rei de Grecia, Otto. Durante a ocupación alemá, parte da cova foi destruída. A cova está plenamente explotada desde a segunda metade da década de 1900. Mediante fondos da UE construcironse barreiras, medidas adecuadas, instalouse iluminación, cámaras de seguridade e altofalantes para informar aos visitantes.

Castelo (Kastro) de Antiparos[editar | editar a fonte]

Torre do castelo

O castelo veneciano de Antiparos é un exemplo típico dos asentamentos fortificados establecidos nas Cícladas no período latino do século XIII ao XVI. A súa construción data de mediados do século XV, cando o veneciano Giovanni Loredano decidiu casarse con María Sommaripa de Antiparos.

A construción orixinal tiña un 'motte' (montículo) no centro e as casas ao redor do perímetro. As casas construíronse como un bloque continuo, as paredes exteriores formaban o muro defensivo do asentamento fortificado. A única entrada estaba no sur. No interior do asentamento principal as casas desenvolvéronse como estruturas de tres pisos, cada unna cunha entrada independente que conduce a unha escaleira exterior. Co paso do tempo estendeuse fóra pola parte sur para formar un anel rectangular chamado "Xopyrga" .

Nos tempos modernos, a arquitectura orixinal do castelo alterouse, coa igrexa de Cristo insertada como un elemento relixioso, mentres que o montículo central utilizouse como depósito de auga. Hoxe en día, as casas conservan un nivel satisfactorio das súas características orixinais, malia a caída dos pisos superiores, calquera intervención require o permiso do departamento de arqueoloxía. Hoxe en día a maioría dos fogares son desenvoltos en dúas plantas. Moitos enfróntanse cara ao exterior e convertéronse en tendas que dan á rúa principal. Unha parte integral do castelo de Antíparos son os pequenos murcegos que veñen co atardecer e voan ao redor da torre cara ao leste.

Infraestrutura[editar | editar a fonte]

Casa do concello de Antíparos

O concello de Antiparos atópase nunha rúa comercial xusto antes do castelo, preto da Praza Roussos, e que tomou o seu nome do escritor da súa película "Madeleine".

Todos os residuos da illa son transportados a un lugar especial en Paros e as cloacas e o tratamento biolóxico incluíronse no Marco Nacional de Referencia.

A illa ten unha moderna construción de estradas e rehabilitouse a estrada da costa. A escola primaria ten un club xove para os mozos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]