Antígono (médico)
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Actividade | |
Ocupación | médico ![]() |
Descrito pola fonte | Edición de 1870 do Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft ![]() |
Antígono (en grego antigo Ἀντίγονος) foi un médico e cirurxián militar grego mencionado por Galeno e que, polo tanto, debeu vivir no século II ou un pouco antes.
Marcelo Empírico menciona un médico do mesmo nome, probabelmente a mesma persoa. Luciano de Samosata fala dun Antígono que dicía, entre outras cousas, que un dos seus pacientes volvera á vida despois de ser enterrado durante vinte días[1].