Ans de Tellado, Paleo, Carral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ans de Tellado»)
Ans de Tellado
ParroquiaPaleo
ConcelloCarral
Coordenadas43°13′11″N 8°21′28″O / 43.21973, -8.35788Coordenadas: 43°13′11″N 8°21′28″O / 43.21973, -8.35788
Poboación43 hab. (2016)
editar datos en Wikidata ]

Ans de Tellado é un lugar da parroquia de Paleo, no concello de Carral, na comarca da Coruña. Segundo o INE[1] en 2016 tiña 43 habitantes (22 mulleres e 22 homes).

Xeografía[editar | editar a fonte]

O lugar de Ans de Tellado atópase no camiño que vai entre a vila de Carral e o río Barcés. Está atravesado pola estrada N-550 e a carón dos tres camiños a Santiago de Compostela que se entretecen pola bisbarra: un polo Val de Barcia e San Pedro de Rubieiro, o segundo pola actual estrada N-VI e o terceiro e máis antigo, o chamado inglés, que discorre por Sarandós (Abegondo), As Travesas e Hospital de Bruma, xa en Mesía.

Toponimia[editar | editar a fonte]

O topónimo está constituído por dous elementos. O etnotopónimo (de etnia, Ans) fai referencia ao asentamento da familia Ans no seu traslado dende a veciña parroquia de Orto (Abegondo) a finais do século XVIII, formándose coma un pequeno núcleo de poboación dependente da vila de Carral.

O elemento de referencia a unha edificación (Tellado), pode facer referencia a enterramentos con cuberta de tégulas, tipo tellado, similares a outros atopados nas proximidades, ben nos montes do Xalo ou en Lavandeiras, na veciña Cerceda.

Historia[editar | editar a fonte]

As seguintes referencias son un extracto do libro Os Ans de Ans de Tellado. Xenealoxía dun apelido[2]:

Primeira referencia escrita do apelido e do topónimo «…como yo Juan Dans, vecino de la feligresías Dans…», 1514.

A primeira referencia documentada do lugar de Ans data dun rexistro notarial de xaneiro de 1514, no que comparece Juan Dans, «'c'omo yo Juan Dans, vecino de la feligresía Dans», coma fiador dun veciño de Carral, preso no cárcere real. Con posterioridade atópanse outras referencias escritas en diferentes litixios dos séculos XVIII e XIX, depositados no Arquivo do Reino de Galicia.

En 1709, no "Litixio de Antonio Salgado, clérigo de menores, con Pedro da Insua e consortes. Misión en posesión de bens vinculados por Esteban García Salgado en que se comprende o lugar de Ans de Tellado”. Neste documento cítase o lugar de Ans de Tellado en varias ocasións, «enteramente del lugar que se dice do tellado […]» (folio 2), «y entre ellas la quarta parte enteramente del lugar de ans do tellado», «del lugar de ans de tellado» (folio 8), ou «lugar de Ans de Tellado» (folio 12)[3]​.

En 1737, no “Litixio de Manuel Antonio de Ans con Antonio Gómez de Barral, sobre o territorio e prado da pena en Miraflores”[4]​. Cabe sinalar que a xurisdición de Miraflores comprendía as parroquias de Sergude, Carnoedo, Guísamo, Orto, Lubre, Mosteirón, Osedo, Ouces e Sada, segundo indica o autor Vilar Hermidas no seu libro San Xián de Sergude, 2002.Ano 1762. “Litixio de Andrés de Ans con Domingo Buján sobre maravedís”​[5].

Ano 1800. “Litixio Nicolasa de Ans y Benito Amor con José Naveira, sobre demanda de nulidade polo foro da peza nomeada do francés” [6]​.

Identificación das parroquias de Orto, Santo Estevo de Paleo, Carral e Ans de Tellado na cartografía histórica do ano 1865 (Coello, 1865).

Aparece citado no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz[7]. No mapa da Coruña deseñado en 1865 polo cartógrafo Francisco Coello Quesada aparece por vez primeira o nome completo de Ans de Tellado. Tamén aparece así recollido no tomo VII do Itinerario descriptivo Militar de España (1866). No percorrido entre A Coruña e Ourense dise: «Ans de Tellado, ald. [...] esta aldea y la siguiente pertenecen al ayuntamiento de Carral, feligresía de San Esteban de Paléo; la primera tiene 23 edificios, y 3 la segunda».

Xa de xeito habitual aparecerá mencionado o nome de lugar “Ans de Tellado” nos posteriores censos de poboación. Así indícanse 27 edificios e unha poboación de 172 persoas no Nomenclátor do 1888, que aumentará a 29 edificios e 167 persoas no Nomenclátor do 1900, e a 42 edificios e 187 persoas no Nomenclátor do 1940.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Paleo[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Paleo no concello de Carral (A Coruña)

As Ameixeiras | Ans de Tellado | Belvís | Cabrois | Carral | O Casal | Os Chás | Coiro | Fócanos | O Marco das Eiras | O Outeiro | Outra Aldea | O Paraíso | O Pedreiro | Quenllo | Reboredo | O Xalo

Parroquias de Carral[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Carral

Beira (Santa Mariña) | Cañás (Santa Baia) | Paleo (Santo Estevo) | Quembre (San Pedro) | Sergude (San Xián) | Sumio (Santiago) | Tabeaio (San Martiño) | Vigo (San Vicente)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. INEbase, Instituto Nacional de Estadística (eds.). "Nomenclátor: Población del Padrón Continuo por Unidad Poblacional" (en castelán). 
  2. Fernández Ans, Pablo Xosé (2018). Os Ans de ans de Tellado. Xenealoxía dun apelido. ISBN 9780244946814. 
  3. Arquivo Reino de Galicia, sinatura C-16215-18.
  4. Arquivo Reino de Galicia, sinatura C-4840-39.
  5. Arquivo Reino de Galicia, sinatura C-5075-37.
  6. Arquivo Reino de Galicia, sinatura C-14858-18.
  7. Madoz, Pascual (1846). "ANS". Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) II. Madrid. p. 324. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]