Saltar ao contido

Anomalisa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Anomalisa
Carter Burwell Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Título
Anomalisa (en) Editar o valor en Wikidata
Características
 Cor
 Formato de distribución
 Ambientado en
 Lingua orixinal
Implicados
 Interpretado por
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
21 de xaneiro de 2016 (Alemaña)
4 de setembro de 2015 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
Cifras e dimensións
 Duración
   90 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
 Puntuación da crítica
7.2/10 Internet Movie Database (13 de marzo de 2026)
92% Rotten Tomatoes (4 de febreiro de 2025)
88/100 Metacritic (6 de decembro de 2024)
8.4/10 Rotten Tomatoes (10 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt2401878 Filmaffinity: 980148 Allocine: 223076 Rottentomatoes: m/anomalisa Mojo: anomalisa TCM: 2084415 Metacritic: movie/anomalisa Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Anomalisa é un filme estadounidense de 2015 escrito e dirixido por Charlie Kaufman, quen dirixiu xunto con Duke Johnson. Baséase na obra homónima de Kaufman de 2005 que fixo baixo o alcume Francis Fregoli, o cal é unha exploración da síndrome de Fregoli.[1][2] Anomalisa conta a historia dun experto de atención ao cliente, Michael Stone (voz de David Thewlis), que percibe a todas as demais persoas (Tom Noonan) como idénticas, agás Lisa Hesselman (Jennifer Jason Leigh), a quen coñece nun hotel de Cincinnati.

Anomalisa estreouse no Festival de Cinema de Telluride o 4 de setembro de 2015, e estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 30 de decembro a través de Paramount Pictures. O filme recibiu a aclamación da crítica, con eloxios polo seu guión, dirección e contido temático. Foi nomeado ao Óscar ó mellor filme de animación na 88ª edición dos premios, sendo o primeiro filme cunha clasificación para maiores de idade en ser nomeado nesta categoría.[3] Tamén foi nomeado nos Globos de Ouro. Gañou o Premio do Xurado na 72ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia, sendo o primeiro filme animado en conseguilo.[4]

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  • David Thewlis como Michael Stone, un home de mediana idade e acento británico e un experto en atención ao cliente cunha actitude maioritariamente negativa. Para el, todas as persoas parecen e soan igual agás Lisa, a quen el percibe como diferente.
  • Jennifer Jason Leigh como Lisa Hesselman, unha muller doce pero insegura que está no hotel para asistir á charla de Michael sobre atención ao cliente.
  • Tom Noonan como todos os demais.
  1. "Anomalisa". www.rcpsych.ac.uk (en inglés). Consultado o 2020-08-08.
  2. Lawless, Jill (9 de setembro de 2015). "Charlie Kaufman wows Venice critics with inventive adult animation 'Anomalisa'". U.S. News and World Report. Consultado o 17 de setembro de 2015.
  3. King, Melissa. "Movie addict: Discover the extraordinary in 'Anomalisa'". St. Cloud Times (en inglés). Consultado o 2021-06-17.
  4. "Official Awards of the 72nd Venice International Film Festival". Festival Internacional de Cinema de Venecia. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2017. Consultado o 10 de febreiro de 2017.