Annisette Koppel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Annisette Koppel
Annisette Koppel.jpg
Nome completoAnnisette Hansen
Nacemento29 de agosto de 1948
Lugar de nacementoCopenhague
NacionalidadeDinamarca
Ocupacióncantante
CónxuxeThomas Koppel
FillosNaja Rosa e Billie Koppel
Na rede
IMDB: nm0360656 Musicbrainz: ac02e93e-ded5-4910-ad79-27e10bd268b1 Songkick: 3046161 Discogs: 885594 Allmusic: mn0001195905 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Annisette Koppel cos Savage Rose, no centro, durante o Smukfest de 2011.

Annisette Koppel (de solteira Annisette Hansen) nada en Copenhague o 29 de agosto de 1948 é unha cantante danesa, principalmente coñecida como cantante do grupo The Savage Rose.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estrela infantil[editar | editar a fonte]

Era filla de Finn Hansen, camareiro, e de Rita Kuni Andersen, bailarina de revista[1]. De pequena apareceu na película Kristiane de Marstal cun pequeno papel coa súa irmá Rudi e por intervención de Louis Miehe-Renard, que tiña un dos papeis principais, a súa irmá converteuse en actriz infantil, e ela apareceu con pequenos papeis nalgúns filmes máis. Annisette debutou na canción a finais da década de 1950 ao gravar un par de sinxelos infantís coa súa irmá Rudi Hansen para a Sonet en 1959 e 1960. Cando tiña 16 anos realizou algunhas gravacións e actuacións co grupo pop Dandy Swingers e gravou tamén o sinxelo Livet er nu.

Cantante principal de The Savage Rose[editar | editar a fonte]

Máis tarde, Annisette formou parte da banda The Savage Rose, ao se formar en 1967 integrada polos irmáns Thomas e Anders Koppel, xunto con outros membros de Dandy Swingers: Jens Rugsted (baixo), Flemming Ostermann (guitarra) e o batería de jazz Alex Riel.

A música de Savage Rose sentíase fresca e nova e tivo un grande éxito coa combinación da voz distintiva de Annisette co piano, acordeón e máis o órgano. Fixeron unha xira por Escandinavia e por outros países de Europa e en 1969 participaron no Newport Jazz Festival[2] dos Estados Unidos. En Dinamarca gravaron, entre outros, co saxofonista americano de jazz Ben Webster[3].

Savage Rose rexeitou varias ofertas de compañías discográficas estadounidenses mentres a parella se dedicaba cada vez máis aos asuntos da comunidade. A mediados dos anos 70 Anders Koppel deixou o grupo, ao consideralo "sectario".

Activismo político[editar | editar a fonte]

Annisette e o seu marido Thomas Koppel, falecido en 2006, realizaron concertos solidarios cos movementos de liberación de Palestina e Turquía e para os pobres dos barrios baixos de Manila. Annisette e Thomas foron membros do Partido Comunista de Dinamarca Marxista-Leninista marxista-leninista durante varios anos [4].

Tras a reaparición de The Savage Rose co álbum Black Angel en 1995, a Annisette diagnosticáronlle cancro, que logrou vencer. A banda organizou manifestacións e participou na manifestación de Stop Bush no verán de 2005 [5].

Despois da morte de Thomas, Annisette mantivo o compromiso coa comunidade e entre outras cousas, apareceu en manifestacións para a preservación da Ungdomshuset Jagtvej 69 a finais do 2006,[6] e nunha manifestación na igrexa de Brorsons contra o regreso forzado dos demandantes de asilo iraquís rexeitados en 2009[7].

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • Far til fire (1953)
  • Fløjtespilleren (1953)
  • Far til fire i sneen (1954)
  • Bruden fra Dragstrup (1955)
  • Kristiane af Marstal (1956)
  • Far til fire i byen (1956)
  • Far til fire og onkel Sofus (1957)

Cantante en:

  • Hvem myrder hvem? (1978)
  • Lykken er en underlig fisk (1989)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Annisette Hansen". Dansk film database
  2. Andy Gregory (2002) The International Who's Who in Popular Music 2002. Londres:Europa Publications, p. 284
  3. Frank Büchmann-Møller (2010) Someone to Watch Over Me: The Life and Music of Ben Webster University of Michigan Press, p. 307
  4. "Annisette synger stadigvæk for kærligheden og friheden". Politiken, 28 de outubro de 2012
  5. "40.000 på gaden mod Bush og Fogh". kpnet.dk
  6. "Annisette på støtte-cd for Ungdomshuset" Arquivado 27 de maio de 2020 en Wayback Machine.. Ekstra Bladet, 29 de novembro de 2006
  7. "Anisette: Udvisninger ligner jødeforfølgelsen". Politiken, 3 de setembro de 2009