Annie Oakley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Annie Oakley
Annie Oakley by Baker's Art Gallery c1880s-crop.jpg
Nome completoPhoebe Ann Mosey
AlcumeAnnie Oakley
Nacemento13 de agosto de 1860
Lugar de nacementoOhio
Falecemento3 de novembro de 1926
Lugar de falecementoGreenville
CausaAnemia perniciosa
SoterradaOhio
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupaciónartista de circo e especialista de cinema
CónxuxeFrank E. Butler
PremiosNational Women's Hall of Fame, Ohio Women's Hall of Fame e New Jersey Hall of Fame
Na rede
IMDB: nm0643007 WikiTree: Mosey-13 Find a Grave: 774 Editar o valor em Wikidata
Annie Oakley Signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Phoebe Anne Oakley Moses, nada no condado de Darke (Ohio) o 13 de agosto de 1860 e finada en Greenville (Ohio) o 3 de novembro de 1926, foi unha famosa tiradora que participou durante dezasete anos no espectáculo de Buffalo Bill que recreaba escenas do vello oeste.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Infancia e mocidade[editar | editar a fonte]

Dende moi nova dedicouse á cazaría para axudar a sustentar a súa familia, unha nai viúva e sete irmáns, vendendo carne a hoteis e restaurantes en Cincinnati.

Á idade de 15 anos gañou a Frank Buttler (1847-1926), un tirador e adestrador de cans, os 100 dólares que este apostaba a calquera que o vencese nunha competición de tiro. Annie aceptou o reto e o resultado foi que, de 25 tiros posibles, ela non fallou ningún, mentres Butler errou nun. Ambos contraeron matrimonio en 1876 e xuntos participaron en diversos espectáculos a través do país xunto ao seu can George. Annie incluía nas súas presentacións rozar a trinta pasos de distancia unha carta de baralla, darlle a un centavo no aire ou a un cigarro na boca do seu esposo.

Carreira[editar | editar a fonte]

Annie Oakley ou The Little Sure Shot of the Wild West (1894).

En 1884 coñeceu a Touro Sentado, quen arranxou unha entrevista coa tiradora a pesar de ser un prisioneiro político en Fort Yates; el foi quen lle puxo o sobrenome de Little Sure Shot (algo así como "pequena tiro fixo", pois só medía metro e medio). En 1885 pasou a formar parte do "Espectáculo do Salvaxe Oeste" de Buffalo Bill (Buffalo Bill's Wild West Show) sendo ela a atracción principal, mentres que Frank traballou como o seu representante. En 1887 presentouse en Inglaterra. Dous anos despois o espectáculo volveu a Europa visitando Francia, Italia e España, actuando ante numerosos xefes de estado como a raíña Vitoria do Reino Unido, o rei Humberto I de Italia e o káiser alemán Guillerme II con quen supostamente a petición propia realizou a proba do cigarro na boca do soberano.[1]

En 1901 o seu corpo quedou parcialmente paralizado ao resultar ferida nun choque de trens, pero recuperouse e continuou ofrecendo espectáculos. En 1913 a parella retirouse momentaneamente. Na volta ao escenario compartiron a area cun can de nome Dave, e unha das súas fazañas consistía en tirarlle a unha mazá colocada na cabeza do animal. En 1917, ao acontecer a morte de Buffalo Bill, Annie dedicoulle un sentido discurso. Con sesenta anos seguía batendo marcas en concursos de tiro. A súa saúde declinou en 1925 e morreu o 3 de novembro de 1926 de anemia perniciosa en Greenville, Ohio. O seu corpo foi cremado. O viúvo quedou tan aflixido que, segundo B. Haugen, deixou de comer e morreu dezaoito días máis tarde, sendo enterrado xunto ás cinzas da súa esposa. Non tiveron fillos. Un rumor afirma que as cinzas de Oakley foron colocadas nun dos seus prezados trofeos e postas xunto ao corpo no cadaleito. Tanto o corpo como as cinzas foron colocados no cemiterio de Brock, preto de Greenville, o Día de Acción de Grazas, o 25 de novembro de 1926.[2]

Despois da súa morte descubriuse que gastara toda a súa fortuna na súa familia e en obras de caridade. Numerosos obxectos persoais, recordos, carteis, fotografías e armas de fogo de Annie Oakley atópanse expostos no Museo Garst e no Centro Nacional Annie Oakley en Greenville, Ohio.[3]

Cartel anunciando a Annie Oakley no espectáculo de Buffalo Bill

Na cultura popular[editar | editar a fonte]

  • Irving Berlin escribiu un musical co nome Annie Get Your Gun ("Annie colle a túa arma") en 1946, baseado na vida de Oakley. O musical foi levado ao cine en 1950.
  • No filme Pokémon Heroes: Latios and Latias aparecen dúas ladroas chamadas Annie e Oakley, membros do Equipo Rocket.
  • No filme The Parent Trap, Annie Oakley é comparada con Elaine Hendrix (actriz que interpreta a Meredith Blake) como un insulto a Meredith, querendo deixar en claro que é nova e rápida.
  • No episodio dos Simpsons, The Lastest Gun in the West, cando a moda western se apodera da Escola Primaria de Springfield, Lisa Simpson grita "son Annie Oakley" sostendo dous revólveres.
  • O 21 de outubro de 1988, Michael Jackson gravou o videoclip Smooth Criminal. Nel, menciona repetidamente a frase " Annie Are You Okey?", facendo referencia a Annie Oakley.
  • Na adaptación televisiva baseada na novela de Stephen King e producida por el mesmo e Steven Spielberg, "Under the Dome", no episodio 8 da terceira temporada, James "Big Jim" Rinnie dille a Julia Shumway "Tranquila Annie Oakley" facéndolle burla cando este a intercepta por sorpresa, reaccionando ela bruscamente cunha arma na man.
  • No cuarto número 6 do motel Bronco, no xogo Parasite Eve II, hai un cadro de Annie Oakley.
  • Foi interpretada por Alyssa Edwards no segundo episodio de RuPaul's Drag Race All Stars 2.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Annie Oakley Tales". Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2002. Consultado o 19 de marzo de 2019. 
  2. Brenda Haugen (2007). Annie Oakley: American Sharpshooter. ISBN 978-0756518691. 
  3. "Museo Garst". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Cansler, Sarah (xuño de 2014). "Annie Oakley, Gender, and Guns: The "Champion Rifle Shot" and Gender Performance, 1860-1926" 5 (1). Universidade de Tennessee. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]