Annie Au

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAnnie Au

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de febreiro de 1989 Editar o valor em Wikidata (35 anos)
Hong Kong, República Popular da China Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeHong Kong Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Politécnica de Hong Kong (pt) Traducir
Jockey Club Ti-I College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de squash Editar o valor em Wikidata
DeporteSquash Editar o valor em Wikidata
Participou en
2014Jogos Asiáticos de 2014 (pt) Traducir
2010Jogos Asiáticos de 2010 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsLeo Au (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Annie Au Wing Chi (chinés tradicional: 歐詠芝; pinyin: Oū Yǒngzhī), nada en Hong Kong o 9 de febreiro de 1989 e coñecida como Annie Au, é unha antiga xogadora profesional de squash que representou a Hong Kong.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Annie é unha xogadora manicha que causou unha grande impresión xa como júnior. Non só gañou títulos do British Junior Open senón que chegou á final do Asian Junior e foi membro do equipo de Hong Kong que gañou o mundial júnior[1]. Comezou a xogar ao squash na escola con trece anos, so a influencia do seu irmán máis novo Leo Au, a través do esquema de promoción e entrou no Instituto de Deportes de Hong Kong. A partir de 2001 adestrouna o seleccionador nacional Faheem Khan [2]. En 2011 graduouse na Escola de Administración de Empresas da Universidade Politécnica de Hong Kong[3]. Foi oito veces campioa de Hong Kong nos anos 2009, 2011, 2012, 2015, 2016, 2017, 2018 e 2019[4].

Nos Xogos Asiáticos de 2010 logrou a medalla de prata individual, logo de perder con Nicol David como por equipos, tamén tras bater Malaisia a Hong Kong. Na edición 2014 fíxose coa medalla de bronce, tanto en individual como por equipos, e en 2018 foi unha das integrantes do equipo de Hong Kong que logrou a medalla de ouro tras derrotar á India.

En maio de 2012 Au acadou o posto 6º do mundo [5] [6]. En 2016 formou parte do equipo de Hong Kong que gañou a medalla de bronce no Campionato do Mundo Feminino de Squash por equipos de 2016 en Francia [7]. En 2017 derrotou á gran favorita, Nicol David, na segunda rolda do US Open logo de 23 enfrontamentos entre elas [8]. En 2018 volveu formar parte do equipo de Hong Kong que gañou a medalla de bronce no Campionato Mundial de Squash por Equipos Feminino [9]. Au retirouse en 2020 e entrou a formar parte do corpo da policía [10].

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "歐詠芝盼為港壁球延續輝煌". Wen Wei Po. 23 de novembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2009. Consultado o 07 de xaneiro de 2023. 
  2. "Annie Au (Hong Kong)". Squash Info. 
  3. "警隊吸納多名精英運動員 歐詠芝胞弟亦將成為新紮師兄". Headline Daily. 22 de outubro de 2020. 
  4. "Hong Kong Champions". Hong Kong Squash. 
  5. WISPA Player Profile
  6. Player Profile at SquashInfo
  7. "WSF Women's World Team Champs 2016". Squash site. 3 de decembro de 2016. 
  8. "(Squash ) World No 9 Annie Au sends powerhouse Nicol packing at US Open". New Straits Times. 10 de outubro de 2017. 
  9. "France & Hong Kong gatecrash World Team Semis in Dalian". World Squash. 20 de outubro de 2021. 
  10. "Squash queen Annie Au joins the police as Hong Kong sport loses one of its few world-class stars". South China Morning Post. 17 de outubro de 2020.