Anne Rice
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Howard Allen Frances O'Brien 4 de outubro de 1941 Nova Orleáns |
| Morte | 11 de decembro de 2021 Rancho Mirage |
| Causa da morte | ictus |
| Lugar de sepultura | Metairie Cemetery (en) |
| Relixión | Humanismo secular e catolicismo |
| Educación | Universidade Estatal de San Francisco University of North Texas Texas Woman's University (en) Richardson High School (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | escritora, novelista, guionista |
| Período de actividade | 1976 |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Literatura de terror, literatura erótica e fantasía |
| Pseudónimo literario | Anne Rampling A. N. Roquelaure |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Cónxuxe | Stan Rice (1961–2002), morte do cónxuxe |
| Fillos | Michele Rice, Christopher Rice |
| Irmáns | Alice Borchardt |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | American Women Writers |
| Sitio web | annerice.com |
Anne Rice, nada en Nova Orleáns, Luisiana, o 4 de outubro de 1941 e finada o 11 de decembro de 2021,[1] foi unha escritora estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nada baixo o nome de Howard Allen O'Brien, dende pequena cambiou o seu nome a "Anne". Casou co defunto poeta e pintor Stan Rice en 1961, con quen tivo dous fillos, Michele en 1966 e que morreu de leucemia aos 5 anos de idade e o famoso escritor gai Christopher Rice (nado en 1978).
Dende pequena estivo interesada por temas de vampiros e bruxas. Na súa carreira coma escritora, tamén publicou cos pseudónimos Anne Rampling e A.N. Roquelaure, este último nos seus primeiros anos e para temas máis orientados a adultos. Os seus libros escritos baixo estes pseudónimos conteñen constantemente mesturas do horroroso co luxurioso, destacándose nas súas historias de ficción os sentimentos homoeróticos que senten os seus personaxes.
O seu primeiro libro, Interview With The Vampire escribiuno en 1973 e publicouse en 1976. No ano 1994 Neil Jordan realizou unha película baseada no libro e protagonizada por Tom Cruise e Brad Pitt e anos máis tarde realizouse outra película sobre o terceiro libro da serie The Vampire Chronicles, chamada Queen Of The Damned. O segundo libro da saga, Lestat, The Vampire converteuse nun musical de Broadway.
En decembro de 1998 a Rice diagnosticóuselle diabetes mellitus cando entrou nun coma diabético. Desde que empezou a tratar a súa condición con insulina, Rice foi unha activista para que a xente faga exames para diagnosticar a diabetes.
O 30 de xaneiro de 2004, Anne Rice anunciou que deixaría Nova Orleáns para mudarse ao suburbio de Jefferson Parish, Luisiana. Viviu soa desde a morte do seu esposo e a mudanza do seu fillo a outro estado.
Última etapa
[editar | editar a fonte]Nos seus últimos anos a popularidade de Anne Rice decreceu bastante, en parte polas malas acollidas da crítica literaria ás súas últimas obras. As obras finais, como Blood and Gold, a biografía dun dos seus personaxes máis queridos por ela e polos lectores, Marius, non tivo éxito de vendas, en parte debido á reciclaxe intelectual que a propia autora fixo dos seus libros.
Con este feito, finalizou a saga de The Vampire Chronicles e a de As bruxas de Mayfair sendo o último libro da serie Blood Canticle.
Libros
[editar | editar a fonte]The Vampire Chronicles
[editar | editar a fonte]Novos contos de vampiros
[editar | editar a fonte]- Pandora (1998)
- Vittorio (1999)
As bruxas de Mayfair
[editar | editar a fonte]- The Witching Hour (1990)
- Lasher (1993)
- Taltos (1994)
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anne Rice |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina Oficial de Anne Rice (en inglés)
