Saltar ao contido

Anne Nuorgam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAnne Nuorgam
Biografía
Nacemento(se) Geađgenjár' Niillas Ásllat Ánne Editar o valor en Wikidata
22 de decembro de 1965 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Utsjoki, Finlandia Editar o valor en Wikidata
Presidenta do Consello Saami
2001 – 2002
← Lars Anders BaerGeir Tommy Pedersen → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobo saami Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Laponia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica, xurista Editar o valor en Wikidata
Membro de

Twitter: ANuorgam Editar o valor en Wikidata

Anne Nuorgam, nada como Geađgenjár' Niillas Ásllat Ánne en Utsjoki o 22 de decembro de 1964, é unha política saami finlandesa, membro do Parlamento Saami de Finlandia dende 2000 e membro do Foro Permanente para as Cuestións Indíxenas da ONU dende o 22 de abril de 2019, logo de ser elixida na 18ª sesión.[1][2][3][4]

Foi presidenta do Consello Saami dende 2001 até 2002.[5]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nuorgam naceu en Utsjoki, ten un mestrado en Dereito e é investigadora de dereito público na Universidade de Laponia,[6] particularmente da lei saami. Ten dúas fillas (nadas en 1987 e 2003).

Anne Nuorgam é membro do Foro Permanente das Nacións Unidas sobre os Pobos Indíxenas dende o 10 de xuño de 2016, onde representa os indíxenas do Ártico: os saami e os inuit.[7]