Saltar ao contido

Anne Lister

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAnne Lister

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de abril de 1791 Editar o valor en Wikidata
Halifax, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte22 de setembro de 1840 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Kutaisi, Xeorxia Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa Anglicana Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscalada, viaxe e memoir literature (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmontañista, autora de diarios, viaxeira, terratenente, escritora Editar o valor en Wikidata
Deportealpinismo Editar o valor en Wikidata
Familia
ParellaAnn Walker de Lightcliffe Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteBygone Badass Broads: 52 Forgotten Women Who Changed the World (en) Traducir, (p.57-59)
The Palgrave Encyclopedia of Victorian Women's Writing (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX6054923 WikiTree: Lister-1361 Find a Grave: 91830152 Editar o valor en Wikidata

Anne Lister, nada en Halifax o 3 de abril de 1791 e finada en Kutaisi o 22 de setembro de 1840, foi unha propietaria de terras, alpinista e viaxeira británica, coñecida polo seu diario codificado que orixinou o filme The Secret Diaries of Miss Anne Lister.[1] Ao longo da súa vida, mantivo un diario onde narrou os detalles da súa vida cotiá, incluíndo as súas relacións lésbicas, as súas preocupacións financeiras, as súas actividades industriais e o seu traballo dedicado ao Salón Shibden. Os diarios conteñen máis de catro millóns de palabras e preto dun sexto delas (aquelas que tratan sobre os detalles íntimos das súas relacións amorosas e sexuais) foron escritas en código. O código, derivado dunha combinación de álxebra e grego antigo, foi descifrado en 1930.[2]

Anne Lister é moitas veces denominada "a primeira lesbiana moderna" polo seu estilo de vida abertamente lésbico.[2] Era chamada "Freddie" por unha das súas amantes e "Gentleman Jack", polos moradores de Halifax, onde ela sufría de acoso pola súa sexualidade.[3] Vivía na área rural da cidade, onde dirixía a obra de renovación do paisaxismo do Salón Shibden, que herdara do seu tío, James Lister, morto en 1826.

Falecemento

[editar | editar a fonte]

Anne Lister faleceu aos 49 anos de idade, vítima dunha febre, en Koutais mentres viaxaba con Ann Walker, a súa esposa e o seu último amor.[4] Ann Walker, que recibiu a propiedade do Salón Shibden, pediu o embalsamento do corpo de Anne Lister e levouno de volta para o Reino Unido, onde está enterrada na igrexa paroquial de Halifax. Ann Walker morreu en 1854, na súa casa de infancia, Cliff Hill en Lightcliffe.

Ao longo da súa vida, Anne Lister tivo unha forte fe na Igrexa Anglicana.[5] A familia de Lister tiña un cofre na igrexa parroquial de Halifax, onde están os seus restos mortais. A súa lápida foi descuberta en 2010 despois de que fose tapada por un piso en 1879. O túmulo da familia está na Igrexa de Saint Ann, Southowram, onde está sepultado John Lister. El foi o primeiro en tentar a tradución dos diarios de Anne Lister.[6]

  1. A vida e os amores de Anne Lister no Salão Shibden BBC News, 25 de maio de 2010
  2. 2,0 2,1 BBC revela drama sobre Gentleman Jack Arquivado 26 de xuño de 2019 en Wayback Machine. San Francisco Sentinela, xuño de 2010
  3. Castle, Terry (xaneiro de 1989). "Review: The Pursuit of Love". Review of Books da Mulher 6 (4): 6-7.
  4. Bray, Alan (2003). The Friend. ISBN 0-226-07180-4. 
  5. Clark, Anna (xullo de 1996). "Anne Lister's Construction of Lesbian Identity". Journal of the History of Sexuality 7 (1): 35. 
  6. Crampton, Caroline (2013-12-05). "The lesbian Dead Sea Scrolls: Anne Lister's diaries". New Statesman. Consultado o 2014-08-25. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Choma, Anne, Gentleman Jack: The Real Anne Lister. (Penguin Books & BBC Books, 2019)
  • Green, Muriel, Miss Lister of Shibden Hall: Selected Letters (1800–1840). (The Book Guild Ltd, 1992)
  • Hughes, Patricia, Anne Lister's Secret Diary for 1817. (Hues Books Ltd 2006)
  • Hughes, Patricia, The Secret Life of Miss Anne Lister and the Curious Tale of Miss Eliza Raine. (Hues Books Ltd 2010)
  • Liddington, Jill, Presenting the Past: Anne Lister of Halifax, 1791–1840. (Pennine Pens, 1994)
  • Liddington, Jill, Female Fortune: Land, Gender and Authority: The Anne Lister Diaries and Other Writings, 1833–36. (Rivers Oram Press, 1998)
  • Steidele, Angela, Gentleman Jack. A Biography of Anne Lister: Regency Landowner, Seducer and Secret Diarist. (Serpent's Tail, Londres 2018). First published as Anne Lister. Eine erotische Biographie. (Matthes & Seitz Berlin, 2017)
  • Vicinus, Martha, Intimate Friends: Women Who Loved Women, 1778–1928. (University of Chicago Press, 2004)
  • Whitbread, Helena, I Know My Own Heart: The Diaries of Anne Lister 1791–1840. (Virago, 1988)
  • Whitbread, Helena, No Priest But Love: Excerpts from the Diaries of Anne Lister. (NYU Press, 1993)

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]