Anne-Marie Cazalis
Anne-Marie Cazalis | |
---|---|
Nacemento | 1920 |
Lugar de nacemento | Boufarik |
Falecemento | 30 de xullo de 1988 |
Lugar de falecemento | París |
Nacionalidade | Francia |
Ocupación | actriz, xornalista, poeta e escritora |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Anne-Marie Cazalis, nada en Boufarik (Alxeria) en 1920 e finada en París o 30 de xullo de 1988, foi unha escritora, actriz e xornalista francesa .
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Anne-Marie Cazalis gañou en 1943 o premio de poesía Paul Valéry. Amiga de Juliette Gréco, virou unha figura emblemática das noites parisienses de Saint-Germain-des-Prés, onde frecuenta os escritores Boris Vian e Jean-Paul Sartre.
En 1948 participou, xunto con Jean Cau, no cenario de Ulysse ou les Mauvaises Rencontres, filmado por Alexandre Astruc.
Posteriormente dedicouse ao xornalismo. Traballando para a revista Elle viaxou polo mundo. Publicou tamén diversos ensaios e romances.
Obra[editar | editar a fonte]
Cinema[editar | editar a fonte]
- 1949: Désordre de Jacques Baratier (curtametraxe)
- 1950: Le Château de verre de René Clément : a standardiste
- 1950: Le Quadrille de Jacques Rivette, con Jean-Luc Godard (curtametraxe)
- 1966: Le Désordre à vingt ans de Jacques Baratier (documental)
Teatro[editar | editar a fonte]
- 1951: Le Diable et le Bon Dieu de Jean-Paul Sartre, dirixido por Louis Jouvet, Théâtre Antoine
Libros[editar | editar a fonte]
- Planh, 10 poèmes de Anne-Marie Cazalis, avec un portrait de l'auteur par Valentine Hugo, París, Odette Lieutier, febreiro 1944
- La Décennie, Fayard, 1972 (romance)
- La Tunisie par-ci par-là, Promotion africaine, Tunisia, 1972
- Kadhafi, le Templier d'Allah, Gallimard, 1974
- Le Cœur au poing, La Table ronde, 1976 (romance)
- Mémoires d'une Anne, Stock, 1976
- 1358, La Jacquerie de Paris, le destin tragique du maire Étienne Marcel, Société de production littéraire, 1977
- Les Belles Années, co-écrit avec Anne-Marie Deschodt, Mercure de France, 1978 (romance)
Planh[editar | editar a fonte]
Planh. 10 poèmes de Anne-Marie Cazalis, avec un portrait de l'auteur par Valentine Hugo é o título dunha obra poética en francés.[1]
A obra foi publicada en París en febreiro de 1944 por Odette Lieutier. A editora tirou do prelo apenas 250 exemplares da obra en edición artesanal feita a man.[2][3] Unha reedición cuadrilingue (francés, galego-portugués, español e inglés) do poemario viu a luz en 2012.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Cazalis, Anne Marie (1944). Planh: 10 poèmes (en francés). O. Lieutier.
- ↑ "Livres anciens, rares, d'occasion sur Galaxidion". archive.is. 2012-12-06. Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2012. Consultado o 2019-02-01.
- ↑ "Livre-Rare-Book". Livre Rare Book (en francés). Consultado o 2019-02-01.
- ↑ "O Figurante Edicións inicia atividade com 'Planh', de Cazalis". pglingua.org. Consultado o 2019-02-01.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Anne-Marie Cazalis, Mémoires d'une Anne, Stock, 1976
- Boris Vian, Manuel de Saint-Germain-des-Prés, 1951
- Vincent Gille, Saint-Germain-des-Prés, 1945-1950, Paris-Musées, 1989
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nota sobre o autor na Bibliothèque nationale de France (BnF.fr)
- Anne-Marie Cazalis recita o poema La Liberté na boate Le Tabou, Paris, 1947 [vídeo].