Annasoltan Kekilova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Annasoltan Kekilova
Nacemento1942
Lugar de nacementoAchkhabad
Falecemento19 de xuño de 1983
NacionalidadeUnión Soviética
Ocupaciónpoeta e escritora
editar datos en Wikidata ]

Annasoltan Seidovna Kekilova, nada en Keshi (Achkhabad)[1] en 1942 e finada o 19 de xuño de 1983, foi unha escritora soviética de Turkmenistán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Ogulsakhat Seidova. Publicou diversos libros e discos.[2] Editou tres poemarios e publicou en publicacións da República Soviética de Turkmenistán e de Moscova.[3] A súa poesía trata temas típicos da literatura da era soviética, como o Partido Comunista da Unión Soviética, o estado e a súa xente. Relacionouse cos escritores Aman e Shali Kekilov.[1]

No inverno e na primavera de 1971 Kekilova escribiu ao 24º Congreso de Partido Comunista da Unión Soviética e ao Comité Central do partido denunciando condicións de abuso na República Soviética de Turkmenistán;[2] a denuncia tiña 56 páxinas, e ía acompañada dun álbum ilustrado.[3] Entre outras cousas, solicitaba maiores dereitos para as mulleres do seu país.[4] O partido rexeitou tomar en consideración as súas solicitudes, ordenouse parar a publicación do seu último libro, e foi forzada a abandonar o seu traballo a pesar de ser o único sustento para a súa nai e o seu fillo.[3] Foi a Moscova á procura de auxilio, pero non atopou asistencia. Solicitou asilo na embaixada británica, pero tampouco recibiu resposta.[4] Frustrada, renunciou á súa cidadanía soviética e comezou a preparar o proceso para emigrar. Porén, o 26 de agosto de 1971 unha ambulancia recolleuna na súa casa e foi levada á forza a un hospital psiquiátrico. A súa nai solicitou que a liberasen, e pediu axuda á prensa occidental.[3] Kekilova negouse a retractarse do seu escrito de denuncia[2], e morreu na clínica. Seguiu escribindo e pasándolle manuscritos á súa nai e irmá, quen os enviou a Moscova, se ben desapareceron polo camiño. Tempo despois boa parte da súa obra foi destruída nun indendio doméstico.[4] Con todo, parte da obra que se conservou foi publicada en 2015, como parte dunha escolma de obra de autores e autoras de Turkmenistán.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Вспоминая Аннасолтан - Хроника Туркменистана". hronikatm.com. 19 de xuño de 2015. Consultado o 14 de novembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 S. P. De Boer; Evert J. Driessen; Hendrik L. Verhaar (26 de maio de 1982). Biographical Dictionary of Dissidents in the Soviet Union: 1956 - 1975. BRILL. pp. 236–. ISBN 90-247-2538-0. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Theodore, Shabad (28 de setembro de 1971). "Dissident Poet in Turkmenia Is Reported Sent to Hospital". The New York Times. Consultado o 14 de novembro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 ""He is weeping quietly in the desert…" The first collection of modern Turkmen literature released". Fergananews.Com. Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2017. Consultado o 14 de novembro de 2017. 
  5. "A new publishing project to be launched | Chronicles of Turkmenistan". hronikatm.com. Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2017. Consultado o 14 de novembro de 2017.