Anna Wintour

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anna Wintour
Nacemento3 de novembro de 1949
Lugar de nacementoHampstead
NacionalidadeReino Unido e Estados Unidos de América
Alma máterNorth London Collegiate School, Universidade de Oxford e Universidade de Columbia
Ocupaciónxornalista, fashion editor, escritora, editora literaria e media executive
PaiCharles Wintour
NaiEleanor Trego Baker
CónxuxeDavid Shaffer e Shelby Bryan
FillosCharles Shaffer e Katherine Shaffer
IrmánsPatrick Wintour
Coñecida porThe Fashion Fund
PremiosCabaleiro da Lexión de Honra, oficial da Orde do Imperio Británico, CFDA Lifetime Achievement Award, Dama comandante da Orde do Imperio británico e Great Immigrants
Na rede
IMDB: nm1659661 Allocine: 226221 Rottentomatoes: celebrity/anna-wintour Allmovie: p437423 Metacritic: person/anna-wintour TV.com: people/anna-wintour
Instagram: wintourworld Discogs: 1919574 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Dame Anna Wintour, nada en Londres o 3 de novembro de 1949 é unha xornalista e editora británica-estadounidense.[1][2] É a xefa de redacción de Vogue dende 1988, e directora artística de Condé Nast, editora de Vogue dende 2013. Coa súa imaxe con corte de pelo de estilo pageboy e bob e lentes de sol escuras, converteuse nunha figura importando do mundo da moda, recoñecida pola súa visión das tendencias e o seu apoio a deseñadores novos. A súa personalidade distante e esixente valeulle o alcume de "Nuclear Wintour", xogo de palabras con nuclear winter.

Filla máis vella de Charles Wintour, editor do Evening Standard de Londres (1959–76), o seu pai consultoulle como facer o seu xornal máis atractivo para a mocidade. Dende a súa adolescencia sentiuse interesada pola moda e a súa carreira no xornalismo especializado comezou en dúas revistas británicas. Despois mudouse aos Estados Unidos, con traballos en New York e House & Garden. Volveu a Londres para ser editora da versión británica de Vogue entre 1985 e 1987. Un ano máis tarde, asumiu o control da revista en Nova York, revivindo o que moitos vían como unha publicación estancada. O seu uso da revista para dar forma á industria da moda foi tema de debate nesta. Os activistas polos dereitos dos animais atacárona pola súa promoción das peles, mentres que outros criticaron o emprego da revista para promover visións elitistas da feminidade e da beleza.

Unha antiga axudante persoal, Lauren Weisberger, escribiu en 2003 o roman à clef de éxito The Devil Wears Prada, despois levado ao cinema con Meryl Streep como Miranda Priestly, editora de moda, que se cre está inspirada en Wintour. En 2009 foi o centro doutro filme, o documental de R.J. Cutler The September Issue.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Obama supporter Anna Wintour reportedly considered for ambassadorial post by administration", hollywoodreporter.com; consultado o 10 de agosto de 2016.
  2. Chris Rovzar, "Anna Wintour, Rest of City Turn Out to Vote", nymag.com, novembro de 2008; consultado o 11 de agosto de 2016.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]