Saltar ao contido

Anna Viduleja

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAnna Viduleja
Biografía
Nacemento30 de marzo de 1972 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Grupo étnicoPobo letón Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguionista, directora de cine Editar o valor en Wikidata
Familia
NaiLigita Viduleja Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm2017986 Editar o valor en Wikidata

Anna Viduleja, nada o 30 de marzo de 1972, é unha guionista e directora de cine letoa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Graduada na Facultade de Historia e Filosofía de Riga e posteriormente na Escola Nacional de Televisión e Cine de Gran Bretaña.

Dirixiu varias curtametraxes, vídeos musicais e anuncios publicitarios. A súa curta NOCTURNAL foi seleccionada no programa de Cinéfondation da 53ª edición do Festival Internacional de Cinema de Cannes.[1] É unha dos catro directores e guionistas da longametraxe Vogelfrei (2007). Esta película recibiu o Great Kristaps Award como mellor longametraxe, conxunto ao premio a "Mellor guionista". En 2018, Viduleja dirixiu a película Homo novus. Tamén traballou como guionista da mesma. Viduleja adoita a tratar o tema do desexo de liberdade nos seus filmes.

Vogelfrei

[editar | editar a fonte]

Vogelfrei consta de catro novelas nas que interveñen a natureza e as súas estacións, así como o home e as catro partes da súa vida: infancia, adolescencia, madurez e vellez. O personaxe principal, que simboliza o elemento de conexión das catro partes, é Teodors e en cada episodio é interpretado por un actor diferente. Só algúns personaxes son interpretados por actores profesionais. Cada unha das catro historias é independente das outras.[2]

  1. "Nocturnal". festival-cannes.com. Consultado o 20-10-2024. .
  2. "Vogelfrei". iffr.com/. Consultado o 20-10-2024. .