Anna Simó

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHonorábel Editar o valor em Wikidata
Anna Simó

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Anna Simó i Castelló Editar o valor em Wikidata
26 de xullo de 1968 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Els Alamús, España (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Minister of Education of Catalonia (en) Traducir
13 de xuño de 2023 –
← Josep González i Cambray (pt) Traducir
Presidente Consell Escolar de Catalunya (en) Traducir
13 de xuño de 2018 – xuño de 2021
Deputada do Parlamento de Cataluña
26 de outubro de 2015 – 28 de outubro de 2017 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Barcelona

11ª First Secretary of the Parliament of Catalonia (en) Traducir
26 de outubro de 2015 – 28 de outubro de 2017
← Pere Navarro i MoreraEusebi Campdepadrós (pt) Traducir →
First Deputy Speaker of the Parliament of Catalonia (en) Traducir
17 de decembro de 2012 – 4 de agosto de 2015
← Lluís Maria Corominas i DíazLluís Maria Corominas i Díaz →
Deputada do Parlamento de Cataluña
17 de decembro de 2012 – 4 de agosto de 2015 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Barcelona

Deputada do Parlamento de Cataluña
16 de decembro de 2010 – 2 de outubro de 2012 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Barcelona

Deputada do Parlamento de Cataluña
17 de novembro de 2006 – 5 de outubro de 2010 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Barcelona

Minister of Social Welfare and Family (en) Traducir
20 de decembro de 2003 – 13 de maio de 2006
← Irene Rigau OliverCarme Figueras i Siñol (en) Traducir →
Concelleiro de L'Hospitalet de Llobregat
14 de xuño de 2003 – 23 de decembro de 2003
Comarcal councillor of Barcelonès (en) Traducir
2003 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaL'Hospitalet de Llobregat Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Barcelona Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica , filóloga Editar o valor em Wikidata
Partido políticoEsquerra Republicana de Catalunya (1990–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Outro
Condenado porpromote a democratic referendum (en) Traducir (2020)
→ (interdiction from public works (en) Traducir, Multa) Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm3227823 Facebook: anna.simo Twitter: AnnaSimo Instagram: annasimo1968 Editar o valor em Wikidata

Anna Simó i Castelló, nada en Els Alamús, Lleida, o 26 de xullo de 1968, é unha política catalá, membro de Esquerra Republicana de Catalunya dende o ano 1990. Foi secretaria primeira da Mesa do Parlamento de Cataluña durante a XI Lexislatura.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en filoloxía catalá pola Universidade de Barcelona, fixo un posgrao de planificación lingüística na mesma universidade. Traballou no Consorci per a la Normalització Lingüística, onde tivo diversas responsabilidades, entre elas, responsable de Ciutat Vella no Centro de Normalización Lingüística de Barcelona. É membro de diversas entidades culturais e cívicas, entre as cales están Ca la dona e o Centre d’Estudis de l’Hospitalet. Afiliada á CONC dende o ano 1990, formou parte do Comité de Empresa do Consorcio para a Normalización Lingüística.

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

No referente á súa traxectoria política, é membro do Consell Nacional d'Esquerra dende 1994. Foi presidenta local de Esquerra en Hospitalet de Llobregat (1996-2002) e membro da Executiva Nacional (1998-2004 e do 2006 até o presente). Tamén foi secretaria nacional de Política Social de ERC (2001-2004), e dende 2006 é vicesecretaria de Acción Política d’Esquerra.

Foi elixida rexedora do concello de L'Hospitalet de Llobregat (2003) e nomeada conselleira comarcal do Consello Comarcal de Barcelonès. Foi conselleira de Benestar e Familia (2003-2006).

Foi Conselleira de Benestar e Familia da Generalitat de Cataluña dende a constitución do goberno catalanista e de esquerdas de Pasqual Maragall, até o 2006 e voceira adxunta do grupo parlamentario de Esquerra Republicana de Catalunya.

O sábado día 11 de novembro de 2017 anunciou mentres se celebraba o Consell Nacional do seu partido que non repetiría nas listas de ERC do 21 de decembro de 2017.[1]

Causa xudicial[editar | editar a fonte]

Foi imputada polos delitos de prevaricación e desobediencia por incumprimento de sentenza do Tribunal Constitucional. Ademais, dende o 7 de setembro está sendo investigada pola Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña por tramitar no Parlamento de Cataluña un proxecto de lei de referendo de autodeterminación a través dun procedemento de urxencia que foi declarado nulo polo Tribunal Constitucional. O 8 de setembro, a Fiscalía esixía fianza para garantir os gastos que poida causar ó erario público, que cifra en 6,2 millóns de euros.[2][3][4]

O martes 31 de outubro de 2017, o Tribunal Supremo (TS) admitiu a trámite a querela presentada pola Fiscalía por rebelión, sedición e malversación contra cinco exmembros da Mesa do Parlamento de Cataluña, Carme Forcadell, Lluís Corominas, Anna Simó, Lluís Guinó, Ramona Barrufet, e contra o secretario Joan Josep Nuet, por participar no denominado procés e a declaración unilateral de independencia. O Tribunal Supremo (TS), designou como instrutor da mesma ó maxistrado Pablo Llarena, que citou ós querelados para tomarlles declaración. O xoves 9 de novembro de 2017 declarou e foi posta en liberdade co prazo dunha semana para pagar 25 000 euros se quere eludir o cárcere preventivo.[1][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 El adiós de Anna Simó tras cuatro legislaturas en el Parlament. La Vanguardia, EUROPA PRESS, Barcelona, 11/11/2017. Consultado o 14 de febreiro de 2017.
  2. La Fiscalía se querellará contra los miembros de la Mesa del Parlament que han admitido a trámite la Ley del Referéndum. Manuel Marraco, Madrid, 6 SEP. 2017. Consultado o 20 de febreiro de 2018.
  3. La Fiscalía se querella contra los miembros de la Mesa por «desobediencia y prevaricación La Razón, 6 de setembro de 2017. Consultado o 6 de febreiro de 2018.
  4. La Fiscalía pide que Puigdemont y sus 'consellers' paguen fianza. El Confidencial, B. Parera, 08.09.2017. Consultado o 6 de febreiro de 2018.
  5. El Supremo cita como imputados por rebelión a Forcadell y a otros cinco miembros de la Mesa. Infolibre, martes, 31/10/2017. Consultado o 29 de xaneiro de 2018.