Anna Keichline

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anna Keichline
Anna Keichline 1903.gif
Nacemento24 de maio de 1889
Lugar de nacementoBellefonte
Falecemento5 de febreiro de 1943
Alma máterCornell University College of Architecture, Art, and Planning
Ocupaciónarquitecta e inventora
Na rede
Find a Grave: 111800677 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Anna Wagner Keichline, nada en Bellefonte (Pensilvania) , o 24 de maio de 1889 e finada en 1943, foi unha arquitecta e inventora estadounidense, coñecida por ser a primeira muller rexistrada como arquitecta en Pensilvania e por inventar o «K brick».

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Con catorce anos xa gañou un premio polo deseño dunha mesa de naipes en madeira de carballo e un baúl en nogueira.[1] Graduouse en 1906 na Bellefonte High School, e estudou Enxeñaría Mecánica en Pennsylvania State College. Un ano máis tarde ingresou na Universidade Cornell para estudar arquitectura. En 1911 converteuse na quinta muller que conseguía o título de arquitectura en Cornell.[2]

No ano 1912 patentou o seu primeiro deseño: a combinación dunha pica cun escurridor pregable. O mesmo ano fixo o proxecto arquitectónico dun Centro Escolar en Milesburg. En 1915 deseñou a Igrexa Presbiteriana Bald Eagle & Nittany Valley, en Mill Hall. Catro anos máis tarde fixo os proxectos do Garaxe e os Apartamentos Cadillac en Bellefonte e a casa G. Biblia. En 1919, o Estado de Pensilvania estableceu uns exames de arquitectura para regular o exercicio da profesión e en 1920, Anna foi a primeira muller en superar estes exames.

En 1924 patentou os detalles construtivos dunha cociña onde introduciu elementos que axudaban a manter a orde, a limpeza e a seguridade dos usuarios: mostradores inclinados, armarios con portas de vidro, etc. En 1925 a arquitecta deseña o Teatro Praza en Bellefonte. En 1927 deseña o Club de Campo The Juniata e patenta outra das súas invencións relacionadas coa integración das actividades dos nenos na vida dos adultos: un biombo portable e pregable, que converte calquera parede ou recuncho nunha área de xogos. O mesmo ano, obtén a patente dun novo material de construción, coñecido como «K-brick»: Un ladrillo máis económico e lixeiro que o tradicional de arxila, e con propiedades térmicas, acústicas e ignífugas superiores. En 1929 e en 1931 patenta dous novos inventos: unha cama pregable e un sistema de circulación de aire comprimido para auga quente e calefacción. Entre 1931 e 1940 deseña numerosas residencias e apartamentos, ata que comeza a ter problemas de saúde e morre en febreiro de 1943.[1]

En 1913 Anna Wagner Keichline liderou a marcha de sufraxistas en Bellefonte. Durante a primeira guerra mundial, en 1918, ofreceuse voluntaria, e foi aceptada como Axente Especial da División Militar de Intelixencia en Washington DC, para tarefas de investigación e preparación de informes, até o final da guerra.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Un día. Una arquitecta, ed. (6 de abril de 2015). "Anna Wagner Keichline 1889–1943". Consultado o 4 de marzo de 2017. 
  2. Latorre Casellas, Maria Lluïsa (2011). Dones invisibles: 50 retrats de dones que han canviat la historia sense que la història ho reconegui (en catalán). Barcelona: Viena. p. 237. 
  3. Universitat Rovira i Virgili (ed.). "Anna Keichline" (en catalán). Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 4 de marzo de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Uve, Sandra (2018). Supermujeres, superinventoras: Ideas brillantes que transformaron nuestra vida. Madrid: Planeta S.A. ISBN 978-84-16890-97-2.