Saltar ao contido

Anna Caula

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personailustre Editar o valor em Wikidata
Anna Caula

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Anna Caula i Paretas Editar o valor em Wikidata
6 de abril de 1971 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Xirona, España Editar o valor em Wikidata
11ª Q47466405 Traducir
8 de xuño de 2021 –
← Gerard Martí Figueras i Albà (en) Traducir
Deputada do Parlamento de Cataluña
12 de marzo de 2021 – 15 de xuño de 2021 (renuncia)Jordi Orobitg i Solé →

Circunscrición electoral: Xirona

11ª First Deputy Speaker of the Parliament of Catalonia (en) Traducir
12 de marzo de 2021 – 15 de xuño de 2021
← Josep Costa i Rosselló (pt) TraducirAlba Vergés →
Voceira Republican Parliamentary Group (en) Traducir
3 de maio de 2018 –
← Sergi Sabrià i Benito
Deputada do Parlamento de Cataluña
17 de xaneiro de 2018 – 21 de decembro de 2020 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Xirona

Deputada do Parlamento de Cataluña
26 de outubro de 2015 – 28 de outubro de 2017 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Xirona

Datos persoais
ResidenciaSant Julià de Ramis (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Aberta de Cataluña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Barcelona Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónadestradora de baloncesto , política Editar o valor em Wikidata
Partido políticoEsquerra Republicana de Catalunya (2021–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Adestrador enllaç= enllaç=
2008-2014 Uni Girona Club Bàsquet (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm8126752 Twitter: anna_caula Editar o valor em Wikidata

Anna Caula i Paretas, nada en Xirona o 6 de abril de 1971, é unha adestradora de baloncesto feminino e política catalá, deputada no Parlamento de Cataluña na XI lexislatura pola coalición Junts pel Sí e na XII pola coalición electoral Esquerra Republicana de Catalunya-Catalunya Sí.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Anna Caula é adestradora superior de baloncesto pola Federación española de baloncesto (1996) e ten estudos de psicoloxía pola Universidade Aberta de Cataluña.

Foi adestradora de diferentes clubs de baloncesto de Xirona: Grupo Excursionista e Deportivo Xerundense (GEIEG), o CB Bañolas, o CD Maristas Girona e o CD Santa Eugenia.

Adestradora do Uni Girona Club de Bàsquet dende a tempada 2008-2009 en que o equipo militaba na liga Feminina 2 de Baloncesto de España á tempada 2013-14 da Liga Femenina de Baloncesto. Durante as seis tempadas que dirixiu o equipo conseguiu, no seu primeiro ano, o ascenso do equipo á Liga Femenina de Baloncesto, dous segundos postos na máxima competición nacional, dúas participacións na Copa da Raíña, dúas presenzas nos playoffs e unha final de Supercopa. Dende o ano 2014 é directiva do Uni Girona Club de Bàsquet.[1]

Foi adestradora da categoría Sub-20 da Selección feminina de baloncesto de España, onde conseguiu no Campionato Europeo de Baloncesto Feminino Sub-20 dúas medallas de Ouro (2012 e 2013) e unha medalla de prata (2014).[2]

Nas Eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2015 formou parte da candidatura independentista Junts pel Sí no número 2 da circunscrición electoral de Xirona obtendo o escano de deputada no Parlamento de Cataluña.[3]

Nas Eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2017 volveu ser elixida como deputada no Parlamento de Cataluña na XII lexislatura autonómica de Cataluña pola coalición electoral Esquerra Republicana de Catalunya-Catalunya Sí.[4]

Notas[editar | editar a fonte]