Saltar ao contido

Anna's Archive

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anna's Archive
Logotipo
Imaxe
(2025)
Características
 Lingua
 Licenza
Datas
 Fundación / creación
10 de novembro de 2022 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Repositorio
Telegram: annasarchiveorg Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Anna's Archive é un motor de procura de código aberto para bibliotecas na sombra (repositorios de textos dixitais que non son facilmente accesíbeis doutro xeito). Foi creado por alguén que utiliza o Pseudónimo Anna #, pouco despois dos intentos de pechar a biblioteca Z-Library en 2022, aplicando a lei. O sitio web recolle rexistros de Z-Library, Sci-Hub, e a Biblioteca Genesis (LibGen), entre outras fontes. Faise chamar "a biblioteca verdadeiramente aberta máis grande na historia da humanidade", e ten dito que seu obxectivo é "catalogar todos os libros existentes" e "rexistrar o progreso da humanidade cara a facer todos estes libros facilmente dispoñíbeis en formato dixital".[1] Afirma non ser responsábel das descargas de traballos con dereito de autoría, xa que a páxina índexa metadatos, mais non almacena directamente ningún ficheiro; o que fai é ligar con descargas de terceiros. Con todo, afrontou bloqueos dalgúns gobernos, e accións legais (de propietarios de dereitos de autor e asociacións comerciais de editoriais), por infraccións de dereitos de autoría a grande escala.

Anna's Archive xurdiu desde o proxecto Pirate Library Mirror ou Espello de Biblioteca Pirata (PiLiMi), un esforzo anónimo para replicar bibliotecas escuras, e completou unha copia completa da Z-Lybrary en setembro de 2022. PiLiMi recoñeceu que "infrinxiran intencionadamente a lei de copyright na maioría dos países". O seu obxectivo inicial era a conservación da información, máis que a posibilidade de facer buscas nela. Poucos días despois de que axentes da lei dos EE.UU. retiraran varios dominios da Z-Library e arrestaran aos seus supostos operadores en novembro de 2022, Anna, membro de PiLiMi (tamén coñecido como Anna Archivist - Anna a Arquivadora) puxo online o arquivo de Anna, o cal inicialmente amosaba resultados directos da Z-Library e LibGen.[2][3][4][5][6]

Páxina web e a súa operación

[editar | editar a fonte]

Anna's Archive ten sido descrito de distintos xeitos: como un motor de busca,[5] un metabuscador,[2] ou mesmo unha biblioteca na sombra.[3] A páxina web non ten aloxados arquivos (polo cal considérase como non responsábel das descargas de obras con dereitos de autoría), mais si liga a descargas de terceiros proporcionadas por socios anónimos, [7] e tamén ofrece descargas empregando o protocolo IPFS.[8][2][9] O código fonte do sitio web está no dominio público con a licenza CC0.[10] Manexa tres espellos con diferentes dominios principais, que a data de agosto de 2025 son.li, .se, e.org.[1]

As "bibliotecas fonte" das que bebe a páxina inclúen LibGen, Sci-Hub, Z-Library, o Arquivo de Internet, DuXiu, MagzDB, Nexus/STC, e HathiTrust; outros como Open Library, WorldCat, e Google Books son nomeados apenas como fontes de metadatos.[11] Algúns destes conxuntos de datos son de acceso público, mentres que outros son "raspados" (recollidos por bots que percorren internet procurando datos) ou adquiridos dalgunha outra maneira (de xeito privado) para a súa distribución.[11] Posteriormente engádense por lotes á páxina web: segundo unha mensaxe na bitácora de Anna, os datos do proxecto almacénanse cun formato propio (Anna's Archive Containers) que permite adicións incrementais[12] mediante torrent, co propósito de facelos á proba de peche ou censura de páxinas web.[1] A mes de xullo de 2025, Anna's Archive dispoñibiliza 52,875,045 libros e 98,598,895 artigos científicos,[1] e conta cunha lista unificada de arquivos torrent, cun tamaño de 1.1 petabytes.[13]

Un estudo de 2025 que compara a cobertura das bases de datos bibliográficas tradicionais con diversas alternativas (entre eles, motores de busca en xornais académicos, outras bases de datos na web, redes sociais académicas, e páxinas de contido ilegal) descubriu que Anna's Archive tiña unha das coberturas mais extensas en textos completos, aínda que criticou seu interface pouco intuitivo.[14] En marzo de 2025, a media de descargas diarias foi maior de 650.000, aproximadamente 10 veces mais do alcance estimado da Biblioteca Pública de Nova York.[15]

Datos financeiros

[editar | editar a fonte]

En Anna's Archive, as descargas de alta velocidade só están dispoñíbeis para usuarios cunha subscrición de pago. Os usuarios anónimos deben empregar opcións máis lentas, con verificación do navegador para evitar abusos por parte de bots. Descríbese como unha organización sen ánimo de lucro, e afirma que as cotas de subscrición e as doazóns gástanse principalmente na infraestrutura dos servidores, e que os operadores da páxina non receben persoalmente ningunha desas cantidades.[1] Porén, outorga subscricións e "recompensas" monetarias a algúns colaboradores voluntarios.[16]

Anna's Archive ofrece acceso de alta velocidade á súa colección completa (a través de SFTP) a grupos que adestran grandes modelos de linguaxe (LLM), a cambio de importantes contribucións de cartos ou datos.[17] Afirmaron que proporcionaran tal acceso desde xaneiro de 2025 a unhas 30 empresas, principalmente con sede en China, incluíndo empresas de LLM e intermediarios de datos.[18] O modelo VL de DeepSeek foi adestrado cos datos deste sitio.[19]


  1. 1 2 3 4 5 "Preguntas frecuentes Annas Archive". Anna's Archive (en inglés).[Ligazón morta]
  2. 1 2 3 "Van der Sar-2024a - TorrentFreak". TorrentFreak (en inglés).
  3. 1 2 "Maxwell-2024 - TorrentFreak". TorrentFreak (en inglés).
  4. "TheNextWeb". TNW (en inglés).
  5. 1 2 "Manos-2022 - Los Angeles Weekly". LA Weekly (en inglés).
  6. "London Review of Books". LRB Blog (en inglés).
  7. Van der Sar, Ernesto (2024-02-07). "Lawsuit Accuses Anna's Archive of Hacking WorldCat, Stealing 2.2 TB Data". TorrentFreak (en inglés). Consultado o 2024-12-30.
  8. "Putting 5,998,794 books on IPFS". Anna's Blog. 2022-11-19. Consultado o 2025-01-15.
  9. Son, Jihun; Kim, Gyubin; Jung, Hyunwoo; Bang, Jewan; Park, Jungheum (2023-10-01). "IF-DSS: A forensic investigation framework for decentralized storage services". Forensic Science International: Digital Investigation 46. ISSN 2666-2817. doi:10.1016/j.fsidi.2023.301611.
  10. "AnnaArchivist / annas-archive". GitLab (en inglés). Consultado o 2025-01-23.
  11. 1 2 "Datasets". Anna's Archive. Consultado o 2025-01-15.
  12. "Anna's Archive Containers (AAC): standardizing releases from the world's largest shadow library". Anna's Blog. 2023-08-15. Consultado o 2025-01-17.
  13. "Torrents". Anna's Archive. Consultado o 2025-05-30.
  14. Walters, William H. (2025-07-08). "Comparing conventional and alternative mechanisms of discovering and accessing the scientific literature". Proceedings of the National Academy of Sciences 122 (27): e2503051122. PMC 12260569. doi:10.1073/pnas.2503051122 (inactivo Agosto 1, 2025).
  15. Kozina, Elizaveta; Toson, Christian (Marzo 2025). "Anna, the Universal Library". La Rivista di Engramma (222): 243–259. doi:10.25432/1826-901X/2025.222.0032.
  16. "Volunteering & Bounties". Anna's Archive. Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2026. Consultado o 2025-01-18.
  17. Van der Sar, Ernesto (2025-01-31). "Pirate Libraries Are Forbidden Fruit for AI Companies. But at What Cost?". TorrentFreak (en inglés). Consultado o 2025-02-01.
  18. Van der Sar, Ernesto (2025-02-01). "Anna's Archive Urges AI Copyright Overhaul to Protect National Security". TorrentFreak (en inglés). Consultado o 2025-02-02.
  19. Lu, Haoyu; Liu, Wen; Zhang, Bo; Wang, Bingxuan; Dong, Kai; Liu, Bo; Sun, Jingxiang; Ren, Tongzheng; Li, Zhuoshu (2024-03-11). "DeepSeek-VL: Towards Real-World Vision-Language Understanding". arXiv:2403.05525.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]