Ann Henderson-Sellers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAnn Henderson-Sellers
Biografía
Nacemento7 de marzo de 1952 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Sheffield, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAustralia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoXeografía e Climatoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónclimatóloga , profesora universitaria , escritora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Macquarie (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeBrian Henderson-Sellers (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Ann Henderson-Sellers, nada o 7 de marzo de 1952 en Sheffield, Yorkshire, é unha xeógrafa[1][2] e climatóloga australiana de orixe británica.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Matemáticas na Universidade de Bristol e acadou o título de doutora en ciencias atmosféricas pola Universidade de Leicester en 1976 coa tese A theoretical study of the evolution of the atmospheres and surface temperatures of the terrestrial planets.[3][4] O examinador da tese foi James Lovelock, cuxa hipótese de Gaia inspirou a Ann, converténdose nunha das principais líderes da área Ciencia dos Sistemas Terrestres, disciplina creada polo propio Lovelock.[3]

En 1987 trasladouse a Australia, onde foi directora fundadora do Centro de Impactos Climáticos da Universidade de Macquarie.[3] Posteriormente foi vicerreitora do Royal Melbourne Institute of Technology . Entre 1998 a 2005 foi directora da División Ambiental da Asociación da Ciencia Nuclear e Tecnoloxía de Australia.[3]En 1999 acadou o doutoramento en Ciencias do clima.[5]

Tamén formou parte do equipo do Proxecto de intercomparación dos esquemas de parametrización da superficie terrestre[6] do Programa Mundial de Investigaciones Climáticas.[nota 1][5]

Actuou como consultora da Universidade das Nacións Unidas sobre diversos aspectos do impacto do cambio climático. Tamén foi unha das autoras do Segundo informe de avaliación do Grupo intergobernamental sobre o cambio climático en 1995.

Entre 2005 to 2007 foi a directora do Programa Mundial de Investigaciones Climáticas con sede en Xenebra, nas oficinas da Organización Meteorolóxica Mundial(OMM).[3]

En 2008 escribiu un ensaio The IPCC Report: What The Lead Authors Really Think no que analiza as distintas perspectivas do Grupo intergobernamental sobre o cambio climático (GICC), principalmente o Cuarto informe de avaliación do IGCC.[7]

É profesora emérita da Universidade de Macquarie.[5][8]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Membro electo da Academia Australiana de Ciencias Tecnolóxicas e Enxeñaría (2000)[1]
  • Membro electo da Sociedade Meteorolóxica Americana[3]
  • Medalla Centenario de Australia (2003)[3][5]

Escolma de publicacións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. en inglés World Climate Research Programme
Referencias
  1. 1,0 1,1 Centre for Transformative Innovation, Swinburne University of Technology. "Henderson-Sellers, Ann - Person - Encyclopedia of Australian Science and Innovation". www.eoas.info (en inglés). Consultado o 7 de abril de 2022. 
  2. 2,0 2,1 Walker, Rosanne (16 de setembro de 2004). "Henderson-Sellers, Ann - Biographical entry". Bright Sparcs (en inglés). Consultado o 7 de abril de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 University of Bristol. "Professor Ann Henderson-Sellers". www.bristol.ac.uk (en inglés). Consultado o 7 de abril de 2022. 
  4. Henderson-Sellers, A. (1976-01-01). "A theoretical study of the evolution of the atmospheres and surface temperatures of the terrestrial planets." (en inglés). University of Leicester. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "Ann Henderson-Sellers - Macquarie University". www.mq.edu.au. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2018. Consultado o 8 de xuño de 2022. 
  6. "Project for Intercomparison of Land surface Parameterization Schemes (PILPS)". World Climate Research Programme. Consultado o 7 de abril de 2022. 
  7. "The IPCC report: What the lead authors really think" (PDF). webcache.googleusercontent.com. Consultado o 2022-09-03. 
  8. "Adjunct Fellows, Emeritus Professors, Honorary Associates". Macquarie University. Consultado o 7 de abril de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]